Auga da billa, auga de calidade

Publicador de contidos

Auga potable da mellor calidade

A Organización Mundial da Saúde e a Unión Europea consideran a auga para consumo humano como aquela que unha persoa pode beber todos os días durante toda a súa vida e sen risco ningún para a súa saúde.

Para fixar a calidade que debe ter a auga da billa, a Unión Europea, seguindo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde, determina os límites de presenza de compoñentes na auga, incluíndo microorganismos patóxenos e compoñentes tóxicos, aínda que moitos non prexudican o corpo humano –algúns mesmo achegan beneficios– e outros só o fan se están presentes en grandes cantidades.

Se queres saber o grao de contido salino da auga do teu municipio, selecciona o teu municipio.

 

A nosa auga superou sobradamente todos os controis que marcan as autoridades sanitarias, grazas á aplicación dos tratamentos de potabilización máis avanzados e a un control eficaz e continuo da calidade da auga subministrada.

Os responsables da calidade da auga da billa son:

  • O Ministerio de Sanidade e Consumo.
  • As autoridades sanitarias das comunidades autónomas
  • O concello.
  • A empresa subministradora.
  • Cada propietario de instalacións interiores dentro da súa propiedade.