Consejos de ahorro

Consellos de aforro

A auga, un ben escaso
 

Nos últimos anos, a situación climatolóxica tivo un impacto nos caudais ecolóxicos dos ríos. Aínda que a situación complícase máis na época estival, os eventos extremos son cada vez máis frecuentes e non responden aos patróns estacionais establecidos. Para tratar de anticiparnos e manter as reservas estables, debemos ser conscientes e facer un uso responsable da auga.

A situación presente e futura vai ser precisar que sexamos conscientes e reduzamos a nosa pegada hídrica, facendo un consumo racional da auga e adoptando pequenos xestos cotiás que contribúan á redución do seu consumo e desgastes innecesarios.

 

Imos alá cos consellos sobre consumo responsable!

  • Na cociña

    • Pecha a billa mentres enxaboas a louza, utiliza a auga só para aclarar. Remolla as potas e tixolas un chisco antes de fregalas

    • Vixía e evita que as billas pinguen cando non as usas

    • Utiliza o lavalouzas e a lavadora a plena carga e no modo económico

    • Lava as froitas e verduras nun recipiente, non baixo a billa. Para desconxelar podes facer o mesmo.

    • Instala filtros atomizadores ou difusores en todas as billas da casa

    • Garda sempre unha botella de auga fresca na neveira, evitando deixar correr a auga da billa

    • Se tes que mercar un novo electrodoméstico, valora o consumo de auga, á larga compensan os aforros, por moi pequenos que poidan parecer

  • No baño

    • Pecha a billa mentres te afeitas, lavas os dentes, as mans, o corpo ou o a cabeza

    • Recolle a auga nun recipiente mentres se quenta, poderás darle outro uso despois

    • Dúchate en lugar de bañarte e non pases moito tempo baixo a auga.

    • Vixía que a cisterna do inodoro non pingue

    • Instala sistema economizadores como a dobre descarga. Se o inodoro é moi antiguo, introduce unha botella chea de auga ou area na cisterna

    • NON tires toalliñas, bastonetes, nin outros produtos de hixiene íntima polo inodoro. O monstro das toalliñas atasca as redes de abastecemento e as depuradoras!

  • No xardín

    • Evita as horas de maior evaporación da auga para regar o xardín e as plantas

    • Elixe plantas autóctonas e ten en conta as súas necesidades hídricas

    • Revisa fugas en billas, mangueiras e bombas de auga

    • Utiliza unha vasoira para varrer follas en zonas exteriores en lugar da mangueira

    • Instala un depósito de auga para recoller a auga da chuvia que sae dos canlóns e así dispoñer desa auga para regar o xardín

    • Acude a unha estación de lavado automático de coches en lugar de empregar a mangueira de casa

    • Baña as túas mascotas nun terreo que precise rego

  • Na piscina

    • Evita a evaporación da auga cubrindo a piscina cando sexa posible

    • Comproba que non haxa fugas por problemas estruturais e de estanquidade

    • Manter a auga na piscina para garantir a propia estructura do vaso, ademais de non desperdiciar o volumen

    • Instala un botón na ducha da pisicina para que pare cando remates

Ademais de seguir todos estes consellos, se es testemuña dunha situación de despilfarro, informa ás autoridades de calquera incidencia de perda ou malgasto.

Podes descargar o cartel con estes consellos nesta ligazón.