Consellos de consumo responsable

Cabecera consejos de ahorro

Consume auga de forma responsable

CONSELLOS DE AFORRO

A auga é un ben escaso


A situación presente e futura precisa que sexamos conscientes e reduzamos a nosa pegada hídrica, facendo un consumo racional da auga e adoptando pequenos xestos cotiás que eviten un gasto innecesario. Así colaboraremos na preservación dun recurso natural tan escaso.

A continuación, facilitamos os seguintes consellos de aforro:

  • Instala aireadores nas billas da cociña e dos cuartos de baño, podes chegar a empregar un 50% menos de auga para un mesmo uso.
  • Sabías que unha simple billa que gotea gasta máis de 90 litros á semana? Asegúrate que quedan ben pechados logo de usalos.
  • Axusta o nivel do flotador da cisterna do servizo, isto permitirá aforrar ata dous litros de auga cada vez que tires da cadea.
  • Revisa a cisterna do servizo engadindo colorante alimentario ao depósito. Se pasada media hora o colorante aparece na taza, significa que tes unha fuga.
  • Evita tirar da cadea máis do necesario. Un pano de papel, un insecto ou unha casca de pipa non é motivo suficiente para gastar a auga que contén un depósito de 10/12 litros, emprega o depósito do lixo orgánico.
  • Tampouco debes tirar aceite, pinturas, cabichas, plásticos… xa que resultan difíciles de eliminar, son contaminantes, obstrúen cañerías e afectan ao bo funcionamento das depuradoras.
  • Se vas comprar unha lavadora, busca con especificación “PRODUTO ECOLÓXICO”, xa que aparte de auga permitirache aforrar electricidade. Sabías que unha parte da enerxía que empregas prodúcese con auga? Aforrarás dúas veces.
  • Non empregues a lavadora ou o lavalouzas a media carga. Cada vez que a empregas gasta unha media de 95 litros e un lavado a plena carga gasta menos que dous a media carga.
  • Á hora de fregar, enche o vertedoiro para enxabonar a louza; para aclarar, axusta a presión do grifo á que realmente precises e aclara todo xunto.
  • Se empregas o lavalouzas, recorda que só é preciso que retires todos os restos sólidos, pero non precisan un aclarado previo, dese xeito empregaría o dobre de auga.
  • Enche un recipiente para lavar a froita. Se o fas coa billa aberta estarás gastando o dobre de auga. Logo, a auga acumulada no recipiente podes empregala para regar.
  • Tampouco empregues auga corrente para desconxelar alimentos. Sácaos do conxelador o día anterior, recorda a recomendación de que o desconxelado, canto máis lento, mellor para o produto.
  • Gardar unha botella de auga fría na neveira evita ter que deixar correr un pouco de auga cada vez que queremos auga fresca da billa.
  • Tomar unha ducha diaria de 5 minutos, en lugar dun baño, permite aforrar ata 400 litros semanais.
  • Instala unha ducha con sistema de microdispersión ou aireadores, permiten aforrar unha gran cantidade de auga. Segundo o tipo ata un 50%.
  • Non deixes a billa aberta mentres te afeitas ou lavas os dentes. Se lavas os dentes tres veces ao día, coa billa aberta, estarás gastando máis de 10.000 litros ao ano.
  • Non tires toalliñas, bastonciños, nin outros produtos de hixiene íntima polo inodoro. O monstro das toalliñas atasca as redes de abastecemento e as depuradoras.
  • Para o teu xardín emprega plantas autóctonas, determinadas especies precisan ser constantemente regadas, mentres que outras sobreviven con moito menos coidado.
  • Non regues o teu xardín en exceso. É suficiente cada 4 ou 5 días no verán e cada 15 días no inverno. Tamén intenta regar nas primeiras ou últimas horas do día, xa que isto reduce a perda por evaporación.
  • Se regas o teu xardín a man, non deixes a mangueira desatendida. Podes empregar o reloxo de alarma da cociña para que che recorde cando cerrala.
  • Emprega rego automático que che permita marcar a frecuencia e horas de rego, axustándoo ás necesidades en función, por exemplo, de se choveu ou hai previsión de chuvia.
  • Revisa os conectores, empalmes e mangueiras do teu sistema de rego regularmente. Estes poden esconder unha importante fuga.
  • Emprega a auga da peceira para regar as túas plantas, xa que é moi rica en nitróxeno e fósforo, e é considerada un excelente fertilizante.
  • Cada vez que cociñes ovos duros garda a auga para regar as plantas, estas beneficiaranse dos nutrintes liberados polas cascas.
  • En xeral, se vas verter auga, nunca o fagas nunha zona seca, aproveita para regar plantas ou xardíns.
  • Intenta lavar o teu coche nos lavadoiros automáticos, xa que estes están pensados para facer un uso eficiente da auga.
  • Toma parte activa no aforro de auga, aconsellando aos demais cando detectes usos inapropiados.

Aínda non coñeces o teu consumo?

Calcula o teu consumo estimado coa nosa calculadora en liña.





Publicador de contidos

Coñece o consumo doméstico de auga en...

Cartel consejos