Publicador de contidos

Aqualogía conciencia a máis de 5.300 alumnos sobre a importancia da auga

Aqualogía é o programa educativo de  Viaqua, para concienciar aos máis novos sobre o uso responsable da auga. Hoxe, con motivo do Día mundial da Educación Ambiental, queremos impulsar este proxecto, que despois de varios anos percorrendo os centros de primaria de Galicia, sensibilizando a máis de 5.300 alumnos e alumnas, agora dixitalízase. A transformación dixital é un dos piares de  Viaqua, por iso neste 2021 apostamos pola aula dixital Aqualogía, para garantir o acceso en todo momento dos contidos e recursos didácticos, xa sexa na aula ou dende a casa.
O programa  Aqualogía, agora 100% dixital, seguirá contando cun enfoque baseado no coidado do medio ambiente, a sustentabilidade dos recursos e incluirá a actuación sobre o cambio climático. Este programa descobre ao alumnado de primaria o ciclo integral da auga, como esta chega ás nosas casas, que tratamentos son necesarios para o seu consumo e retorno ao medio natural, así como loitar contra o cambio climático e contribuír á Axenda 2030 da ONU.
Mediante xogos interactivos, experimentos e retos, os diferentes personaxes de  Aqualogía mergullarannos no fascinante coñecemento da auga a través dun campus virtual, onde cada grupo escolar conta cunha aula específica para poder realizar as distintas actividades, cunha duración aproximada de 2 horas.