- Imprimir |
Garantimos a plena satisfacción dos nosos clientes
En Viaqua traballamos día a día para mellorar o noso servizo e garantir a plena satisfacción dos nosos clientes. Con ese afán de mellora continua adquirimos estes cinco compromisos de servizo ao cliente.
-
Responsabilidade
Cando solicites unha alta de subministración na túa vivenda ou local situado nunha finca con subministración mediante batería de contadores, comprometémonos a instalala nun prazo máximo de 24 horas, a partir do seguinte día hábil á formalización do contrato (considerándose inhábiles ou non laborables todos os sábados, os festivos nacionais, autonómicos e locais).
En caso de incumprimento deste compromiso (tendo en conta todas as excepcións e requisitos) compensarémoste automaticamente con 6 euros (descontando o importe na seguinte factura emitida, ou ben mediante aboamento na túa conta).
Requisitos:
- A finca deberá dispor de acometida externa e interna finalizada e dispor tamén da instalación interior de auga potable correctamente finalizada e coa conformidade do servizo de augas, de acordo co Regulamento do servizo municipal de augas e coa lexislación vixente.
- O cuarto de contadores deberá ser accesible ao persoal do servizo de augas mediante a chave de acceso homologada para este. Non se considerarán incluídos no presente compromiso os casos en que non se poida acceder ata o interior do cuarto de contadores ou tal cuarto non cumpra as prescricións esixibles ao amparo do Regulamento do servizo municipal de augas e da lexislación vixente.
- Quedan excluídas tamén deste compromiso as altas de subministración en baterías de contadores de nova instalación.
- O compromiso só será aplicable aos usuarios titulares do contrato de subministración.
-
Eficiencia
Comprometémonos a identificar consumos anormais.
Considérase exceso de consumo:
- Consumo que sexa un 50% superior ao consumo medio dos últimos 6 períodos e ademais tal exceso sexa igual ou superior a 15 m3 mensuais.
En caso de que detectes un exceso de consumo na última factura emitida e este non fora identificado e notificado por nós, compensarémoste automaticamente con 6 euros (descontando o importe na seguinte factura emitida, ou ben mediante aboamento na túa conta).
Requisitos:
- Debe ser unha lectura real realizada pola empresa, descartando consumos estimados ou lecturas facilitadas polo propio cliente.
- Todo contrato que non conte polo menos con seis períodos de lectura de facturación quedará excluído do presente compromiso.
- O compromiso só será aplicable aos usuarios titulares do contrato de subministración.
-
Proximidade
En caso de que realices unha reclamación de natureza comercial (p. ex. consumo facturado, cargos na factura, funcionamento do contador, condicións contractuais e calidade do servizo ao cliente) a empresa comprométese a che dar unha resposta nun prazo máximo de 10 días laborables.
En caso de incumprimento deste compromiso (tendo en conta todas as excepcións e requisitos) compensarémoste automaticamente con 6 euros (descontando o importe na seguinte factura emitida, ou ben mediante aboamento na túa conta).
Requisitos:
- Entenderase por resposta a contestación dada ao cliente, non necesariamente a resolución da queixa ou reclamación. Contabilizarase a partir da data de rexistro da reclamación no sistema de información de reclamacións (considerándose inhábiles ou non laborables todos os sábados, os festivos nacionais, autonómicos e locais).
- O compromiso non será aplicable no caso de que o cliente non estea ao corrente no pagamento dos seus recibos ata o momento da queixa ou reclamación.
- O compromiso só será aplicable aos usuarios titulares do contrato de subministración.
- Descártanse aquelas reclamacións que, pola súa natureza, requiren habitualmente un prazo de resolución superior:
- Reclamacións realizadas a través de oficinas de consumidores ou outros organismos oficiais (incluíndo as verificacións oficiais de contador).
- Reclamacións que para a súa resolución requiran un cambio de contador e unha posterior lectura do novo contador instalado para a estimación do consumo da subministración.
- Reclamacións patrimoniais por danos ou lesións.
- Reclamacións relativas á calidade da auga.
- Reclamacións non vinculadas a ningunha subministración.
-
Precisión
En caso de que detectes que a factura de auga foi calculada cunha lectura incorrecta realizada polo noso persoal, deberasnos avisar (antes da emisión da seguinte factura) para que poidamos comprobar o erro. O noso persoal accederá novamente á finca para tomar unha nova lectura, verificar a existencia do erro e refacer a factura emitida, nun prazo de 6 días laborables a partir do acceso ao contador polo persoal da empresa.
En caso de incumprimento deste compromiso (tendo en conta todas as excepcións e requisitos) refarase a factura coa lectura correcta e compensarémoste automaticamente con 6 euros (descontando o importe na seguinte factura emitida, ou ben mediante aboamento na túa conta).
Requisitos:
- Non se consideran incluídas dentro deste compromiso as facturas calculadas con lecturas estimadas nin con lecturas achegadas polo propio cliente, ou por erros de lectura derivados de cambios nas instalacións interiores ou manipulacións dos contadores sen a intervención ou comunicación á empresa, de acordo co Regulamento do servizo municipal de augas e coa lexislación vixente.
- Só se compensará o erro de lectura no caso de que este poida ser comprobado polo lector da empresa.
- O compromiso só será aplicable aos usuarios titulares do contrato de subministración.
-
Profesionalidade
Cando nos solicites unha xestión comercial das especificadas anteriormente (realizadas a través das canles telefónica e persoal, sempre que os datos facilitados sexan completos e correctos) esta será atendida e executada de xeito inmediato.
En caso de incumprimento deste compromiso (tendo en conta todas as excepcións e requisitos) compensarémoste automaticamente con 6 euros (descontando o importe na seguinte factura emitida, ou ben mediante aboamento na túa conta).
Requisitos:
- Exclúense as xestións onde sexa imprescindible informe de inspección ou a achega por parte do cliente de documentación complementaria.