Presentación

Presentación VIAQUA

Presentes en 48 municipios

Benvidos ao portal web de  Viaqua
 

Viaqua é unha empresa do sector do medio ambiente que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga en Galicia (España). Cunha longa presenza en Galicia, 47 anos, somos coñecedores das particularidades da auga do noso territorio. Estamos presentes en 48 municipios das catro provincias e satisfacemos as necesidades de máis de 765.000 galegos.

O modelo Viaqua está baseado na excelencia do servizo, na experiencia e na xeración de valor. Traballamos sempre pola consecución dos máximos estándares de calidade na prestación de servizos aos nosos clientes: fogares, empresas, institucións e administración. Unha fortaleza fundamentada, tamén, na constante innovación tecnolóxica e no uso sostible dos recursos de auga dispoñibles.

Esta xestión sostible, que permítenos ofrecer aos nosos clientes un compromiso de servizo baseado na garantía de calidade e o respecto ambiental. Cada vez que abres a billa da túa casa, os profesionais de  Viaqua achegamos todo o coñecemento e a innovación ás diferentes etapas do ciclo urbano da auga. 

Viaqua é unha empresa responsable que xestiona o ciclo integral da auga cun marcado carácter ambiental. A nosa materia prima é a auga, un recurso natural moi apreciado. Por iso, aplicamos condutas ambientalmente responsables e eficientes durante todo o proceso de produción da auga. Unicamente sendo coherentes poderemos contribuír ao mantemento do equilibrio ecolóxico co medio natural e o desenvolvemento sostible.

transparencia na xestión e a atención ao cidadán súmanse á eficiencia, a sustentabilidade e a responsabilidade social como eixos do noso modelo de xestión que queda reflectido na nosa misión, visión e valores.

  • Visión: Que empresa queremos ser

    • De referencia en Galicia na xestión do ciclo integral da auga.
    • Que achegue a profesionalidade do noso cadro de persoal e provedores fomentando o traballo en equipo, a transparencia, a comunicación e a colaboración.
    • Cunha organización estruturada e motivada, orientada ao cliente, cos máximos niveis de calidade e seguridade.
  • Misión: Que facemos para logralo

    • Xestionar o ciclo integral da auga como un servizo público de primeira necesidade, garantindo o seu acceso á sociedade galega en cantidade e calidade, coa protección do medio ambiente e a calidade de vida das persoas como marco de referencia.
    • Potenciar e afianzar a imaxe de VIAQUA dentro dos criterios de calidade, eficiencia, continuidade no servizo, seguridade, innovación tecnolóxica, sustentabilidade ambiental e de Responsabilidade Social Corporativa.
    • Proporcionar aos clientes produtos e servizos innovadores de valor engadido centrados na calidade, na eficiencia e no compromiso social e ambiental.
  • Valores: Principios que nos guían

    • Calidade e excelencia: busca dos máximos estándares de calidade nos nosos servizos e produtos e na profesionalidade dos nosos traballadores e traballadoras.
    • Prevención de Riscos Laborais: Priorizada nas actividades de VIAQUA por riba de calquera outro aspecto.
    • Proximidade e transparencia: Diálogo aberto e participativo.
    • Tecnoloxía e innovación en constante desenvolvemento de I+D+i.
    • Responsabilidade Social: Desenvolvemento de accións que melloren a calidade de vida das persoas.
    • Empresa comprometida co Medio Ambiente e a pro actividade na súa protección.

Queremos que esta web supoña para os nosos clientes unha xanela informativa para que se coñezan todos estes aspectos, no que a transparencia, asistencia e resolución de trámites sexa unha realidade diaria e non un obxectivo de futuro.