Aviso legal e privacidade da web

Aviso Legal

  • Aviso legal do sitio web

    1. Titularidade do portal web

    O responsable deste sitio web é Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U (en diante, resumidamente, 'Viaqua'), sociedade de nacionalidade española con NIF A66141185 inscrita no rexistro mercantil de Registro Mercantil de Santiago de Compostela en el Tomo 212, Folio 15, Hoja SC-46965, con domicilio social en Rúa José Villar Granjel, nº 33 CP 15890.

    Os datos de contacto do responsable son os seguintes:

    • Domicilio postal: Rúa José Villar Granjel, nº 33 CP 15890
    • Ou a través da nosa web 

     

    2. Condicións xerais de utilización do sitio web

    O presente aviso legal (en diante, as 'Condicións Xerais' ou o 'Aviso') regula o acceso e uso da páxina web.

    Calquera persoa que acceda á Web terá a consideración de 'Usuario', obrigándose ao cumprimento das Condicións Xerais vixentes en cada momento.

    A utilización de certos servizos ofrecidos no Sitio Web pode estar sometida a condicións particulares propias que, segundo os casos, substitúen, completan e/ou modifican este Aviso. Con anterioridade ao uso de tales servizos, o Usuario debe ler atentamente e aceptar as correspondentes condicións particulares.

    A Web está dirixida a Usuarios maiores de idade. Contén información relacionada cos servizos de Viaqua de interese para clientes ou futuros clientes desta compañía.

    A Web permite a realización de determinadas xestións en liña. Calquera trámite efectuado a través da Web deberá ser realizado en nome propio, garantindo que a información que no seu caso se facilite foi obtida por medios lícitos e se corresponde coa situación real do Usuario.

    Admitiranse trámites realizados en nome de terceiros no caso de:

    • Persoa con autorización expresa do titular.
    • Representantes e persoas de contacto debidamente acreditados de persoas xurídicas.
    • Administradores de predios colexiados que actúan en nome de comunidades de propietarios e outros clientes.

    Queda prohibido o uso do Sitio Web con fins ilícitos ou lesivos para Viaqua ou calquera terceiro. Na utilización do Sitio Web, o Usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidese danar a imaxe, os intereses e/ou os dereitos de Viaqua e/ou de terceiros ou que puidese danar, inutilizar ou sobrecargar o Sitio Web ou que impedise de calquera forma a normal utilización do Sitio Web.

    Viaqua adopta as medidas de seguridade razoablemente adecuadas para detectar a existencia de virus; non obstante, o Usuario deberá ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son enteiramente fiables e que, por tanto, Viaqua non pode garantir a inexistencia de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos do Usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos en tales sistemas.

    Viaqua resérvase o dereito de modificar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, a estrutura e deseño do Sitio Web sen prexuízo das obrigas que deriven da normativa sobre protección de consumidores e usuarios ou outras normas aplicables.

     

    3. Dereitos de propiedade industrial e intelectual

    Todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual así como toda a información contida no Sitio Web (imaxes, deseños gráficos, código fonte, deseño, estrutura de navegación, bases de datos e calquera outro contido que nel apareza) son propiedade de Viaqua ou ben ostenta os dereitos suficientes para o seu uso.

    Os dereitos de explotación sobre o presente Sitio Web e calquera dos seus contidos, elementos e, en particular, os dereitos de uso, explotación, distribución, transformación e comunicación pública pertencerán en todo momento con carácter exclusivo, durante toda a vixencia prevista legalmente respecto a tales dereitos de propiedade industrial e intelectual e para todo o mundo, a Viaqua, incluíndo calquera mellora, adaptación, tradución, perfeccionamento de calquera dos seus contidos, elementos e demais materiais creados, editados e/ou modificados polo Usuario. O Usuario non poderá utilizar as marcas rexistradas por Viaqua, nomes comerciais, deseños, know-how así como calquera outro signo distintivo de Viaqua, sen o previo e expreso consentimento dela.

    O Usuario non poderá modificar nin reproducir, nin en parte nin na súa totalidade, esta información, sen o consentimento previo e expreso de Viaqua. Con carácter enunciativo, pero non limitativo:

    1. O Usuario non se atopa autorizado a suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificativos dos dereitos de Viaqua, así como calquera mecanismo de protección.
    2. O Usuario non se atopa autorizado para desmontar, descompilar ou inverter as bases de datos nas que se almacena a información da Web. Toda a información do Sitio Web está protexida baixo os dereitos de autor. A utilización non autorizada da información contida na Web, a súa revenda, así como a lesión dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial de Viaqua darán lugar ás responsabilidades legalmente establecidas. As marcas (signos distintivos e logotipos) que aparecen no Sitio Web son titularidade exclusiva de Viaqua e están debidamente rexistradas ou en proceso de rexistro. As denominacións doutros produtos, servizos e compañías que aparezan neste documento ou no Sitio Web poden ser marcas ou outros signos distintivos rexistrados polos seus respectivos e lexítimos propietarios.

     

    4. Exclusión de garantías e responsabilidades

    Viaqua non é responsable dos danos ou prexuízos derivados do uso dos contidos da súa Web, salvo que se dispoña outra cousa nas normas de protección de consumidores e usuarios aplicables. En especial, Viaqua non responde nin dos contidos nin do estado dos enlaces ou ligazóns que contén este Sitio Web e que poden conducir o Usuario a outros sitios e páxinas web xestionados por terceiros. Viaqua non responde nin dos contidos nin do estado de tales sitios e páxinas web. O acceso a eles a través deste Sitio Web tampouco implica que Viaqua recomende ou aprobe os seus contidos. Viaqua non se fai responsable dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos polas deficiencias do servizo do seu centro servidor ou das redes de comunicación nin dos problemas resultantes de mal funcionamento ou uso de versións non optimizadas dos navegadores. Tanto o acceso ao Sitio Web como o uso que poida facerse da información contida nel son da exclusiva responsabilidade de quen os realiza. Viaqua non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que se puidese derivar de tal acceso ou uso da información. Viaqua non se fai responsable dos posibles erros de seguridade que se poidan producir nin dos posibles danos que puidesen causarse ao software e ao sistema informático do Usuario, ou aos ficheiros ou documentos almacenados en tal sistema, como consecuencia da presenza de virus no ordenador do Usuario utilizado para conexión aos servizos e contidos da Web, dun mal funcionamento do navegador ou do uso de versións non actualizadas deste, correspondendo ao Usuario en todo caso a dispoñibilidade de ferramentas adecuadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños.

     

    5. Hiperenlaces e sitios enlazados

    O Usuario que pretenda establecer un hiperenlace ou dispositivo técnico de ligazón desde o seu sitio web á Web deberá obter unha autorización previa e por escrito de Viaqua. O establecemento de hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre Viaqua e o propietario do sitio ou páxina web no que se estableza o hiperenlace, nin a aceptación ou aprobación por parte de Viaqua dos seus contidos ou servizos. En todo caso, Viaqua resérvase o dereito a prohibir ou inutilizar en calquera momento calquera hiperenlace ao seu sitio web, especialmente nos supostos de ilicitude da actividade ou contidos do sitio web no que se inclúe o hiperenlace.

    No Sitio Web póñense a disposición do Usuario, unicamente para a busca de información e acceso a ela, contidos e servizos dispoñibles en Internet, hiperenlaces ou dispositivos técnicos de ligazón (p. ex., ligazóns ou botóns), directorios ou instrumentos de busca que permiten ao Usuario o acceso a sitios ou portais de Internet pertencentes a ou xestionados por terceiros (Sitios Enlazados). Viaqua non ofrece nin comercializa por si nin por medio de terceiros a información, contidos ou servizos dispoñibles nos Sitios Enlazados, nin aproba, supervisa nin controla de xeito ningún os contidos e servizos así como calquera material de calquera natureza existente neles, asumindo o Usuario de maneira exclusiva toda a responsabilidade da navegación a través deles.

    A existencia de Sitios Enlazados non presupón en ningún caso a formalización de acordos cos responsables ou titulares destes, nin a recomendación, promoción ou identificación de Viaqua con respecto ás manifestacións, contidos ou servizos fornecidos.

     

    6. Lexislación aplicable e xurisdición

    As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española. Salvo que se indique o contrario nas normativas de protección de consumidores e usuarios aplicables, Viaqua e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela, para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas do fornecemento do servizo do Sitio Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

  • Política de provacidade da web

    1. Que finalidade ten esta Política de protección de datos persoais?

    Esta política ten por obxecto dar a coñecer o modo en que obtemos, tratamos e protexemos os datos persoais que facilites ou recollamos a través da web de Viaqua (en diante, o “Sitio Web” ou a “Web”) e a Oficina Virtual (link a la OV) ou por medio de formularios e/ou cookies para que poidas decidir libre e voluntariamente se desexas que os tratemos.

    Na Web pódense atopar distintas ligazóns a plataformas e páxinas xestionadas por terceiras entidades, desde as que se ofrecen servizos comúns para empresas do grupo, ao que pertence Viaqua. Estas páxinas dispoñen da súa propia política de privacidade, na que se detalla a entidade responsable do tratamento dos datos e as finalidades deste.

     

    2. Quen é o Responsable do tratamento dos datos recollidos a través deste Sitio Web?

    O responsable do tratamento dos datos persoais recollidos a través deste Sitio Web é Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U (en diante, 'Viaqua'), con domicilio social en Rúa José Villar Granjel, nº 33 CP 15890 e NIF A66141185.

     

    3. Que tipo de datos recolle Viaqua a través deste Sitio Web e para que se utilizan e cal é a base de lexitimación?

    Visitar a Web de Viaqua e navegar polas súas distintas seccións non require que se facilite ningún dato de carácter persoal. Con todo, recolleremos determinada información relacionada coa navegación que realizas (que non sempre nos permitirá identificar o Usuario) a través de cookies instaladas no teu equipo. Por favor, consulta máis detalles na nosa Política de cookies .

    O Usuario da Web pode realizar diferentes xestións para as que será necesario tratar os seus datos persoais:

    (i) Xestións para as que non será necesario que sexa cliente nin estea rexistrado no noso sistema, por exemplo: solicitar cita previa, formular queixas, informar de fraudes ou de avarías na vía pública ou nalgún inmoble, presentar reclamacións, realizar consultas.

    Segundo a xestión a realizar e para poder atendela correctamente, poderanse solicitar datos identificativos (nome, apelidos e DNI nalgúns casos), datos de contacto (enderezo postal, teléfono, correo electrónico segundo a petición), outros datos relacionados coa petición que se efectúa, por exemplo: enderezo da fraude ou avaría detectada…

    • Os datos do Usuario trataranse coa finalidade de xestionar a solicitude contida no formulario ao que acceda e complete.
    • A base de lexitimación será o consentimento fornecido polo Usuario que os facilita, que se pon en contacto de xeito voluntario con Viaqua. Este consentimento é revogable en todo caso, sen efectos retroactivos (é dicir, non afectaría ás peticións ou solicitudes xa tramitadas).

    (ii) Xestións na web que teñan por finalidade a alta como cliente/abonado do servizo, por exemplo: petición de acometida, solicitude de alta, cambio de nome ou subrogación nun contrato preexistente.

    Segundo a xestión a realizar e para poder atendela correctamente, solicitaránseche datos identificativos (nome, apelidos e DNI), datos de contacto (enderezo postal, teléfono, correo electrónico segundo a petición), datos relacionados co inmoble para o que solicitas a subministración ou cambio de titularidade (escrituras de propiedade, referencia catastral, contrato de arrendamento), datos de representación (apoderamento, no caso de que actúes en representación doutra persoa ou unha persoa xurídica), datos económicos (datos bancarios para a domiciliación de recibos…).

    • Os teus datos trataranse coa finalidade de xestionar a alta como cliente do servizo.
    • A base de lexitimación será o consentimento fornecido polo Usuario que os facilita, que se pon en contacto de xeito voluntario con Viaqua.

    o O Usuario que se relaciona con Viaqua para ser cliente do servizo pode atopar máis información sobre o tratamento dos seus datos na Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

    (iii) Xestións na web que requiren que o Usuario sexa cliente ou abonado do servizo ou persoa autorizada polo titular do contrato, por exemplo: completar a autolectura, pagamento en liña de facturas…

    Os datos introducidos trataranse coa finalidade de realizar a xestión seleccionada no marco do teu expediente de contrato para xerar os recibos do servizo fornecido.

    Se vas xestionar o pagamento en liña de facturas, serás conducido a páxinas xestionadas por terceiras entidades (banca en liña) que colaboran con Viaqua. Estas páxinas dispoñen da súa propia política de privacidade, na que se detalla a entidade responsable do tratamento dos datos e as finalidades deste.

    Viaqua trata os datos en base ao consentimento fornecido polo Usuario que os facilita, que se pon en contacto de xeito voluntario con Viaqua.

    (iv) Xestións que requiren necesariamente o rexistro na “Oficina Virtual” ou “Área de Clientes” da Web: a través da Oficina Virtual, o cliente pode acceder aos seus datos no expediente de contrato e, ademais, modificar datos (datos de contacto, datos bancarios [sempre que sexa o titular da conta]), introducir datos de lectura do período, activar a factura electrónica, solicitar duplicados de facturas, activar o plan 12 Pingas, entre outras.

    Para rexistrarse na Oficina Virtual requírese que o Usuario sexa cliente ou abonado do servizo e acepte as condicións de uso que se amosan ao comezo do proceso de rexistro.

    O tratamento de datos no espazo da Oficina Virtual é necesario para xestionar a relación contractual subscrita entre o cliente e Viaqua. Os clientes de Viaqua dispoñen de información adicional sobre o tratamento dos seus datos persoais na Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

     

    4. Trámites realizados por un terceiro ou en nome dunha empresa e por administradores de predios

    Como norma xeral, o Usuario da Web, a través dos formularios dispoñibles nesta, facilitará unicamente datos persoais dos que é titular. No entanto, admitirase que o Usuario facilite datos dun terceiro sempre que (i) obtivera os datos de xeito lícito; (ii) dispoña de autorización e informara o afectado, cando proceda, do trámite ou consulta que vai realizar.

    Os trámites e consultas que se realicen a través da Web deben ser efectuados polo Usuario en nome propio. Como excepción ao anterior, poderanse efectuar xestións en nome de terceiros no caso de:

    • Persoa con autorización expresa do titular.
    • Representantes ou persoas de contacto de persoas xurídicas que actúen en nome destas.
    • Administradores de predios debidamente colexiados, actuando en nome de comunidades de propietarios e outros clientes.

    Os datos persoais dos representantes, persoas de contacto e administradores de predios trataranse, en base ao interese lexítimo (de acordo co disposto no artigo 19 da Lei orgánica 3/2018 de protección de datos e garantía de dereitos dixitais), coa única finalidade de xestionar a petición efectuada en nome dun terceiro.

    No caso de que os datos persoais achegados pertencesen a un terceiro, quen os facilita garante que informou tal terceiro desta Política de privacidade e obtivo a súa autorización para facilitar os seus datos a Viaqua coas finalidades sinaladas. Igualmente, garante que os datos achegados son exactos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga.

     

    5. Quen pode acceder aos datos persoais facilitados a Viaqua a través deste sitio web?

    Viaqua utiliza fornecedores de servizos para a realización dalgunhas tarefas propias do contrato, que, no seu caso, deberán acceder aos datos de usuarios para poder realizar a xestión que se solicita. Estes fornecedores terán a condición de Encargados do tratamento e unicamente tratarán os datos persoais conforme ás instrucións de Viaqua. En ningún caso utilizarán os datos persoais do Usuario para fins propios ou diferentes dos detallados nesta Política.

    Por eficiencia do servizo, algúns dos nosos provedores están radicados en países situados fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) ou, estando radicados no EEE, comparten a información con outras entidades de fóra de tal territorio. Viaqua garante que:

    • As transferencias realízanse a países con respecto aos cales a Comisión Europea declarou que proporcionan un nivel de protección comparable ao europeo.
    • En ausencia da devandita declaración de adecuación (na actualidade realízanse transferencias a países como EE UU, entre outros), asináronse as cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión.

    Podes consultar esta información na páxina da AEPD: https://www.aepd.es/es/derechos-y-deberes/cumple-tus-deberes/medidas-de-cumplimiento/transferencias-internacionales

    Para obter máis información, contacta co Delegado de Protección de Datos de Viaqua.

     

    6. A quen comunicamos os teus datos?

    Viaqua, en base ao interese lexítimo, pode transmitir os seus datos persoais dentro do grupo ao que pertence para fins administrativos (Considerando 48 do RXPD).

    Fóra do suposto anterior, Viaqua non comunica os seus datos persoais recollidos a través deste sitio web a terceiras partes, salvo que Vde. o consentir expresamente ou for en cumprimento dunha obriga legal.

    Cando sexa necesario o teu consentimento para comunicar os teus datos persoais a terceiros, nos formularios de recollida de datos informarémoste da finalidade do tratamento e dos datos obxecto de comunicación, así como da identidade ou sectores de actividade dos posibles cesionarios dos teus datos persoais.

    Viaqua si podería estar obrigada a comunicar nalgúns casos datos de usuarios, trátese ou non de clientes, ás administracións competentes titulares de servizos ou de conceptos tributarios asociados aos servizos que fornece cando así se lle requira ou cando a comunicación resulte necesaria para atender a solicitude ou consulta ou cando sexa necesario para xestionar xudicialmente unha situación de fraude.

    En particular, Viaqua está obrigada a comunicar os datos persoais dos seus clientes a determinadas administracións, tal e como se detalla no apartado 7 (A quen comunicamos os teus datos?) da Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

     

    7. Por canto tempo conservamos os teus datos?

    Os datos de clientes conservaranse mentres se manteña a relación contractual para poder xestionala adecuadamente. Unha vez finalizada dita relación (transcorridos os prazos da operativa de cobranza de recibos pendentes e resoltos conflitos abertos en relación co servizo) deberemos conservar os teus datos debidamente bloqueados durante un período adicional en que puidese existir calquera responsabilidade derivada de servizos facilitados ou dos tratamentos realizados.

    Os datos de non clientes facilitados para outras xestións (consultas, comunicacións de fraudes…) conservaranse polo tempo que resulte necesario para xestionar a solicitude, mais un período adicional a efectos de atender posibles responsabilidades legais derivadas desta.

    No caso de que autorices o envío de comunicacións comerciais, manteremos os teus datos ata o momento en que nos indiques que queres deixar de recibir as nosas ofertas, mesmo aínda que finalice a relación contractual connosco.

     

    8. Cales son os teus dereitos en materia de protección de datos e como podes exercitalos?

    A Lei recoñéceche, no caso de que outorgaras o teu consentimento, dereito a poder retiralo en calquera momento, así como os seguintes dereitos en materia de protección de datos:

    DEREITO

    CONTIDO

    Acceso

    Poderás consultar que datos persoais están incluídos nas bases de datos de Viaqua.

    Rectificación

    Poderás modificar os teus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos.

    Oposición Solicitar que non tratemos os datos persoais para algunhas finalidades concretas.

    Supresión

    Poderás solicitar que eliminemos os teus datos persoais.

    Limitación do tratamento

    Poderás solicitar a limitación do tratamento dos teus datos nos seguintes casos:

    -Mentres se comproba a impugnación da exactitude dos teus datos.

    -Cando o tratamento é ilícito pero ti oposte á supresión dos teus datos.

    -Cando Viaqua non necesite tratar os teus datos pero ti os precises para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

    -Cando te opuxeras ao tratamento dos teus datos para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.

    Portabilidade

    Poderás recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitaras, así como transmitilos a outro responsable.

     

    Para exercer os anteriores dereitos, ou revogar o consentimento dado, bastará con que nos envíes a túa solicitude por calquera dos seguintes medios:

    Será necesario achegar fotocopia do DNI ou documento equivalente que acredite a identidade e sexa considerado válido en dereito. No caso de que se actúe a través de representación legal deberá achegarse, ademais, DNI e documento acreditativo da representación.

    Adicionalmente, Viaqua nomeou un Delegado de Protección de Datos co que podes contactar se tes calquera dúbida ou queixa en materia de protección de datos. Podes contactar co Delegado de Protección de Datos por calquera dos seguintes medios:

    • Correo electrónico: dpo@viaqua.gal
    • Correo Postal: Rúa José Villar Granjel, nº 33 CP 15890 A/A do Delegado de Protección de Datos.

    A túa reclamación investigarase de xeito confidencial e recibirás unha resposta do noso Delegado de Protección de Datos.

    En todo caso, como afectado ou interesado, podes presentar unha denuncia ante a autoridade de protección de datos competente, neste caso , a Agencia Española de Protección de datos.

     

    9. Redes sociais

    Como norma xeral, os perfís corporativos de Viaqua en redes sociais (Twitter, Facebook, etc.) teñen un carácter meramente informativo. Se nos facilitas datos a través de mensaxes privadas en redes sociais con motivo dunha consulta ou petición realizada por ese medio, os datos persoais facilitados serán utilizados exclusivamente para atender a petición efectuada, nos termos expostos nesta política. Lembrámosche que non debes incluír datos persoais teus ou de terceiros (como e-mails, nome, teléfono ou número de contrato) a través de mensaxes abertas en ningunha rede social. Se non estás seguro de se a túa mensaxe pode ou non ser lida por terceiros, aconsellámosche que contactes connosco por outra canle.

     

    10. WhatsApp Business (no caso de que esta opción estea dispoñible neste sitio web)

    Viaqua dispón dun servizo de mensaxería instantánea a través de WhatsApp Business. As súas finalidades están referenciadas no apartado 3 desta política. O uso de WhatsApp por parte do Usuario está suxeito ás súas Condicións do servizo de WhatsApp Business.