Depuración

Publicador de contidos

Xestión de 37 plantas depuradoras

Cambio de paradigma na depuración de auga

 

A depuración das augas residuais baséase en eliminar todos os residuos que fora acumulando a auga residual e devolvela ao medio coas condicións óptimas, para protexer os ecosistemas acuáticos, evitar riscos para a saúde pública e obter auga apta para a súa reutilización. Así asegúrase o futuro de próximas xeracións e do medio ambiente, logrando un desenvolvemento sostible.

En Viaqua xestionamos 37 plantas que depuraron un total de 75.619.174 e 48.028.307 m3 en 2016 e 2017, respectivamente.