Control da calidade da auga

AUGA DE CALIDADE

Auga de calidade

En Viaqua tomamos moi en serio a túa saúde e a do noso medio ambiente. Garantímosche que a auga que recibes no teu fogar cumpre todos os requisitos legais, ofrece a máxima seguridade para o consumo e supera os máis exhaustivos controis de calidade.

A lexislación da Unión Europea e a española determinan a calidade que debe ter a auga da billa mediante o Real decreto 3/2023, do 10 de xaneiro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministración. De xeito consensuado coa autoridade sanitaria, en Viaqua elaboramos o Plan de Control Analítico, que establece a frecuencia e os parámetros a analizar, garantindo o pleno cumprimento do Programa de Vixilancia Sanitaria da auga de consumo autonómico.

Para garantir a calidade da auga e que sexa totalmente segura para o consumo humano, en Viaqua realizamos múltiples análises e controis en laboratorios acreditados e certificados que permiten asegurar a máxima fiabilidade dos resultados. Os datos son enviados ao Ministerio de Sanidade e publicados no Sistema de Información Nacional de Augas de Consumo (SINAC).

Cómpre lembrar que a responsabilidade de velar pola calidade da auga da billa é múltiple, contando coa implicación do Ministerio de Sanidade, das autoridades sanitarias das comunidades autónomas, dos concellos, da empresa subministradora e de cada propietario das instalacións interiores do seu inmoble.

Tipos de análises

Tipos de análises

Para garantir a calidade da auga, realízanse os seguintes tipos de análises:

Análise de control na rede de distribución

Para determinar os caracteres fisicoquímicos, organolépticos e microbiolóxicos da auga.

Análise completa da rede e depósitos

Para determinar os caracteres organolépticos, fisicoquímicos, metais, trihalometanos, praguicidas, hidrocarburos aromáticos policíclicos e caracteres microbiolóxicos.

Análise de radioactividade

Acorde coa última modificación realizada no Real decreto 3/2023, que establece que debe determinarse o potencial de actividade radioactiva nas augas de consumo humano.

Determinación de cloro residual libre in situ

Para garantir a correcta desinfección da auga.

Publicador de contidos