Aquae STEM

AQUAEImpulsa - intro

Fomentamos as vocacións científicas e
tecnolóxicas entre as alumnas
 

O desenvolvemento das competencias das ciencias, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM) é un dos obxectivos fundamentais da axenda educativa a nivel mundial. Na actualidade, a demanda de profesionais STEM crece en maior medida que a de profesionais doutros sectores. Así mesmo, son varios os informes que poñen de relevo as desigualdades de xénero no ensino de STEM, que quedan reflectidas na baixa participación das mozas nestes estudos e profesións.

AQUAEImpulsa - marca local

En que consiste este proxecto STEM?

Viaqua e a súa fundación, Fundación Aquae, somos moi conscientes da necesidade de reverter esta tendencia, e este ano, poñemos en marcha Aquae STEM, un novo programa para a creación de vocacións STEM entre as alumnas de educación primaria, a través dos valores da innovación e a creatividade como vehículo para inspiralas e involucrar á comunidade educativa.

AQUAEImpulsa - cierre

Aquae STEM consiste en varias actividades prácticas, que se implantarán na aula e na contorna dixital, pensadas para espertar o interese das alumnas polas STEM a través da resolución dun reto.

A diferenza doutros programas STEM, e para impulsar contornas de aprendizaxe STEM en idades escolares moi temperás de forma sostida no tempo, Aquae STEM diríxese a alumnas de 2º-6º primaria e contempla a continuidade na implantación de tres anos.