Distribución

Publicador de contidos

Xestión de abastecemento de auga

Distribución da auga en Viaqua
 

Os sistemas de abastecemento de auga potable nos municipios nos que estamos presentes están formados por redes de distribución que conducen a auga ata os fogares dos cidadáns.

As nosas instalacións:

  • Subministramos máis de 66.000.000 m3 anuais a máis de 40 núcleos de Galicia.
  • Contamos cunhas redes de distribución de auga potable de máis de 6.400 km de lonxitude.
  • Existen máis de 500 puntos de control da calidade da auga ao longo das nosas redes de distribución para asegurar a máxima calidade da auga de consumo.

Durante os últimos anos, fomos eliminado paulatinamente o fibrocemento existente nas redes tal e como marca a lexislación vixente, substituíndoo na súa meirande parte por polietileno e fundición dúctil, materiais moito máis actuais, que ofrecen ademais melloras en durabilidade e salubridade.


Sistema de información xeográfica (GIS)
 

Desde Viaqua traballamos para implantar o sistema de información xeográfica (GIS) no territorio. Esta ferramenta permite facer un uso máis sostible da nosa rede de subministración, mellorando así os procesos de lectura e facturación ao cidadán.

Publicador de contidos

Publicador de contidos