Coa innovación e dixitalización - Viaqua
Coa innovación e dixitalización
Entendemos a innovación como motor de transformación. Ademais de aplicar tecnoloxías e ferramentas, apostamos de xeito constante polo talento, o coñecemento e a resolución de problemas de forma creativa e proactiva, promovendo as alianzas e a colaboración con todos os actores sociais.
A innovación e a transformación dixital son grandes aliadas para abordar os retos que implica a xestión da auga nun contexto de cambio climático como o actual, que nos fai cada vez máis vulnerables aos fenómenos extremos como secas e inundacións, e á escaseza de auga. Aplicamos innovación constante na nosa xestión da auga e na procura de novas solucións para optimizar as operacións, protexer os recursos naturais e, en última instancia, ofrecer un mellor servizo aos nosos clientes.
Innovación constante e aposta dixital para a xestión eficiente, a sostibilidade dos recursos hídricos e o servizo á cidadanía
Estamos convencidos de que a mellor fórmula para crear solucións innovadoras é a través da colaboración público-privada, integrando talento interno e externo e unindo esforzos de axentes, empresas, institucións e administracións tanto a nivel local como nacional.


Motor de cambio
É fundamental para desenvolver solucións que protexan os recursos naturais e afronten o cambio climático, impulsando a transformación dixital na xestión da auga.

Tecnoloxía avanzada e experiencia
A combinación de novas tecnoloxías como a intelixencia artificial e a experiencia do noso equipo permiten optimizar operacións e afrontar os efectos do cambio climático na xestión dos recursos naturais.

Colaboración público-privada
Fomentamos a creación de ecosistemas colaborativos entre universidades, centros de investigación, administración pública e empresas fortalecendo o liderado no ciclo integral da auga e os servizos medioambientais.

Cetaqua
Cetaqua é un modelo pioneiro de colaboración entre administración, universidade e empresa, consolidado como referente europeo na aplicación do coñecemento científico á auga e ao medio ambiente. O ecosistema conta con 4 centros (Barcelona, Galicia, Andalucía e Chile) que comparten estratexia, sendo Cetaqua Galicia cofundado en 2011 por Viaqua, CSIC e USC. É o primeiro Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica (CAIT) en España dedicado exclusivamente á auga e ao medio ambiente, certificado co Sistema de Xestión de I+D+i por AENOR.
Cigat Biofactoría
A Unidade Mixta CIGAT-BIOFACTORÍA é un proxecto colaborativo entre Cetaqua, Viaqua e a Xunta de Galicia que transforma residuos industriais e urbanos en produtos de alto valor engadido, como ácidos graxos volátiles e compostos antioxidantes. O proxecto busca reducir os custos do tratamento tradicional, mellorar a calidade da auga depurada e promover a economía circular cara ao residuo cero. Aliñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030, especialmente no saneamento de augas, cidades sostibles e loita contra o cambio climático.


Proxecto EDAR 360
O proxecto EDAR 360, liderado por Viaqua cun orzamento de 1.080.387,70 €, desenvolve solucións de Intelixencia Artificial para optimizar o control e a monitorización de procesos en Estacións Depuradoras de Augas Residuais. O consorcio inclúe empresas galegas (Syspro Automation, Ednon) e centros de investigación (ITG, Cetaqua Galicia), subvencionado por GAIN e cofinanciado con Fondos FEDER. As solucións foron validadas en instalacións de Viaqua, mellorando a seguridade dos sistemas industriais e a caracterización dos procesos mediante modelos físicos e IA para reducir os impactos ambientais.
