Programa CONTIGO

Programa CONTIGO

As persoas no centro da nosa xestión

Para Viaqua, ofrecer o mellor servizo sempre foi unha prioridade, apostando por un modelo de xestión que sitúa as persoas no centro do noso labor. Por iso, poñemos a disposición de toda a cidadanía unha atención multicanle que se adapte ás necesidades dos diversos tipos de clientes.

Neste proceso de mellora continua lanzamos o Programa CONTIGO, centrado en garantir que todos os clientes, sen excepción, poidan acceder aos nosos servizos e, sobre todo, asegurar unha boa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade. O Programa CONTIGO ten como obxectivo identificar as barreiras dixitais, de comprensión, de accesibilidade ou económicas, e ofrecer “solucións excepcionais para situacións excepcionais”. 

Listado de logos Programa CONTIGO

Que entidades colaboran no Programa CONTIGO?

CÁRITAS

CRUZ ROJA

FEGABAN

Continuación Programa CONTIGO

Que barreiras aborda o Programa CONTIGO?

Derivado do estudo realizado, detectáronse un conxunto de barreiras que pretendemos derrubar a través de novas iniciativas ou o reforzo doutras que xa se atopan implementadas:

  • Para as barreiras de comprensión, estamos traballando no despregamento de novos idiomas para atender aos nosos clientes, garantindo a inclusión de persoas inmigrantes que non dominan o idioma.
  • Para as barreiras de dixitalización, ademais de facilitar as xestións con cita previa nas oficinas e por teléfono, así como o envío e recepción de documentación en papel.
  • Para as barreiras ligadas a discapacidades auditivas, o Chat da páxina web permite ás persoas xordas ter unha atención sinxela. Ademais, poñemos a disposición daqueles clientes que o precisen, un servizo de atención por linguaxe de signos, tanto en oficinas como a través de videochamada

Adicionalmente, para situacións de vulnerabilidade económica, o obxectivo é garantir que todas aquelas persoas que poidan requirir algunhas das axudas dispoñibles (como “12 pingas” – pago fraccionado coa mesma cuantía cada mes-, aprazamento e fraccionamento da débeda sen intereses; ou a dispoñiblidade de tarifas ou fondos sociais), as coñezan e poidan solicitar dun xeito sinxelo e áxil.