Cetaqua

Cetaqua, Centro Tecnolóxico da Auga

Cetaqua, Centro Tecnolóxico da Auga, representa un modelo pioneiro de colaboración entre a administración, a universidade e a empresa.

Este modelo consolidouse como un referente europeo na aplicación do coñecemento científico á auga  e ao medio ambiente. A nosa misión é anticipar as necesidades da sociedade para propoñer novas solucións de I+D+i có fin de asegurar a sustentabilidade e eficiencia do ciclo da agua, tendo en conta as necesidades locais.

O ecosistema Cetaqua está formado por 4 centros Cetaqua que están en: Barcelona, Galicia, Andalucía e Chile que comparten a misma estratexia e traballan en colaboración.

Cetaqua Galicia foi cofundada en 2011 como Fundación Centro Galego de Investigacións da Agua por Viaqua, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Cetaqua Galicia está acreditado como Centro de Apoio á Innovación Tecnolóxica (CAIT), o primeiro en España adicado en exclusiva á auga e ao medioambiente. Ademais grazas a haber optimizado os procesos de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica baseándonos en estruturas coñecidas de sistemas de xestión, recibimos o Certificado do Sistema de Xestión da I+D+i (UNE 166002) por parte de AENOR.

As líneas estratéxicas nas que Cetaqua Galicia traballa son:

Biofactoría e recuperación de recursos

Biofactoría e recuperación de recursos

Solucións para transformar as plantas de tratamento en biofactorías: instalacións eficientes para a obtención de auga, enerxía e materiais.

Traballamos nun cambio de paradigma, aplicando o concepto da economía circular ao tratamento de augas, desenvolvendo procesos e tecnoloxías que transformen as plantas de tratamento en biofactorías. Fomentamos a recuperación e reutilización dos recursos durante os procesos para a produción de auga rexenerada, o tratamento das augas residuais urbanas e industriais e outras correntes residuais.

Xestión de infraestruturas críticas e resiliencia

Xestión de infraestruturas críticas e resiliencia

Solucións para unha xestión e optimización das infraestruturas do ciclo da auga fronte a eventos naturais ou intencionados.

Para minimizar os riscos e optimizar a xestión dos activos, desenvolvemos sistemas resilientes e solucións enfocadas á xestión de eventos de crisis. Traballamos en metodoloxías que predín, detectan e xestionan situacións críticas, así como sistemas de planificación de inversións, focalizadas en reducir os impactos futuros e protexer tanto ás persoas como ao medio ambiente.

Sustentabilidade ambiental, económica e social

Sustentabilidade ambiental, económica e social

Solucións que aseguran o desenvolvemento sostible e o benestar dos cidadáns.

O contexto de emerxencia climática oblíganos a enfocarnos hacia unha economía circular necesaria para rebaixar a presión sobre os recursos, aumentar o ciclo de vida e contribuir á valorización e reciclaxe dos residuos.

Desenvolvemos metodoloxías, ferramentas, estratexias, plans e modelos de xestión que, aplicados a territorios e empresas, aseguran un desenvolvemento sostible: consciente ambientalmente, económicamente viable e enfocado ao beneficio da sociedade.

Memoria