Informe desenvolvemento sostible

Informe Desenvolvemento Sostible

Os grandes desafíos actuais precisan de empresas e sociedades comprometidas e responsables, que poñan coidado e atención na súa actividade e nas súas decisións.

Os riscos climáticos e as catástrofes naturais, así como os conflitos xeopolíticos e as crises que deles se deriven, van estar cada vez máis presentes. Por iso, a colaboración público-privada eríxese como unha estratexia fundamental para abordalos. En Viaqua estamos convencidos de que as iniciativas para levar a cabo unha transición cara a modelos máis respectuosos co medio ambiente deben ir acompañadas de políticas que lles presten especial atención aos colectivos en situación de vulnerabilidade.

Por todo iso, e despois de levar a cabo unha escoita activa cos nosos grupos de interese –mediante unha análise de materialidade– reforzamos os nosos compromisos no noso plan estratéxico de Desenvolvemento Sostible, enfocados aos criterios ESG e sempre aliñados coa Axenda 2030:

  • Traballar pola saúde do planeta, loitando contra o cambio climático e a perda de biodiversidade mediante solucións innovadoras para facer fronte aos desafíos que isto supón tanto para a auga como para o medio ambiente.
  • Garantir a saúde das persoas e o acceso á auga, fomentando un uso responsable.
  • Establecer e reforzar vínculos de confianza cos nosos grupos de interese internos e externos, facendo especial fincapé na nosa cadea de valor.

Un compromiso que demostramos día tras día con feitos e que podes consultar no noso Informe de Desenvolvemento Sostible: 

Viaqua, ao coidado da auga.