Publicador de contidos

O Concello de Betanzos decreta restricións no consumo de auga de forma preventiva

O Concello de Betanzos decreta a restrición do uso de auga de abastecemento municipal de forma preventiva, de xeito que non se utilizará para a inxesta (bebida ou preparación de alimentos), lavado de alimentos nin hixiene bucodental. A medida foi tomada a raíz da notificación feita esta mesma tarde por Sanidade ao Concello na que cualifica a auga como “non apta para o consumo” despois dos resultados achegados por Viaqua das mostras tomadas en diferentes puntos o pasado día 20. Pódese empregar a auga para hixiene persoal (lavado de mans e duchas) así como para usos domésticos de limpeza. 

É unha medida preventiva para evitar un posible brote de gastroenterite como o do mes de xuño. Ata o momento, según os datos aportados por Sanidade, non se produxo un aumento de casos de gastroenterite “por enriba dos habituais” polo que a decisión tomada de establecer retricións vai en línea co chamamento feito o xoves no que se pediron a poboación a adopación dunha serie de medidas preventivas á espera, precisamente, de coñecer os resultados de hoxe. 

A presenza do virus, nesta ocasión, poido detectarse grazas á análise continua que está a facer Viaqua por riba dos parámetros marcados pola normativa. 

O Concello, xunto a Viaqua, está a poñer en marcha o protocolo de medidas operativas para garantir o suministro de auga, con cisternas que estarán nos puntos do mes de xuño: na praza García Irmáns, Bellavista e Carregal. Tamén se repartirá auga a través de garrafas aos maiores de 75 anos que viven solos; a aqueles veciños que teñen problemas de mobilidade e a familias vulnerables.

As restriccións manteranse ata que a situación mellore e os parámetros da auga sexan propicios para o seu consumo, según indique Sanidade. Estamos a poñer en marcha diferentes medidas operativas para restablecer o servizo o máis axiña posible.