Publicador de contidos

Libredón únese a beber “Auga da casa”

" "

Viaqua entregou esta mañá, da man do seu director Julio Masid, un paquete de xerras de cristal da campaña “Auga da casa” a Joaquín Dosil, Presidente de Libredón e Director do evento “100 Consejos”, encontro para empresarios no que compartir coñecemento é a clave do éxito, que tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago.

Este ano o acto “100 Consejos Santander 2020” decidiu dar un paso máis no seu compromiso co desenvolvemento sostible e sumouse á campaña de concienciación de Viaqua “Auga da casa”, substituíndo as botellas de plástico por xerras de cristal.

Esta campaña está promovida por Viaqua para contribuír a reducir a cantidade de plásticos xerados, concienciar sobre a calidade da auga da billa en Galicia e fomentar o seu consumo. “Auga da casa” trátase dunha aposta máis da concesionaria por coidar do planeta, contribuír a loitar contra o cambio climático e concienciar a poboación das vantaxes de beber auga da billa. A esta acción súmanse outras iniciativas que a empresa leva a cabo, dentro do seu plan estratéxico de desenvolvemento sostible, para trasladar a cidadanía consellos sobre un uso responsable de este recurso e desmentir falsos mitos, como son as catas de auga ou o programa educativo Aqualogía.