Publicador de contidos

Subministración de auga alternativa á poboación de Santiago

Mentres o laboratorio da concesionaria continúa analizando en continua a auga que chega á captación da  ETAP de Tambre,  Viaqua pon ao dispor da cidadanía subministracións de auga alternativas.

Desde as 20:30 h tres camións cisterna de auga potable están a fornecer auga á poboación nos seguintes puntos do municipio:

Rúa Carlos Maside 

Rúa do Cruceiro da Coruña, 77 (diante do supermercado Gadis de Meixonfrío)

Viaqua lembra que segue tendo comunicación constante a través do teléfono gratuíto de Atención ao Cliente, que segue proporcionando información a quen a solicite: 900 201 250.

Atención especial a colectivos vulnerables

O  Concello de Santiago de Compostela e Viaqua poñen ao dispor da cidadanía un servizo de repartición de auga potable para atender a persoas maiores ou con diversidade funcional que non poidan desprazarse aos puntos de toma de auga habilitados. Todos os interesados poden chamar ao teléfono: 981 57 27 23.