Publicador de contidos

Viaqua e o Concello de Betanzos garanten a subministración alternativa de auga

Dende Viaqua continuamos, xunto co Concello de Betanzos, poñendo en marcha diferentes medidas operativas para restablecer o servizo á maior brevidade posible. Mentres se manteñan as restriccións preventivas de uso da auga, póñense a disposición da cidadanía cisternas de auga, dispoñibles 24h, nos lugares de: 

  • O Carregal

  • Praza Irmáns García Naveira

  • Explanada de Bellavista 

Tamén se retoma o reparto de garrafas de auga a persoas maiores de 75 anos que viven soas, persoas con problemas de mobilidade ou familias vulnerables que figuren como usuarias dos programas de servizos sociais.

 

Recórdanse as recomendacións da autoridade sanitaria da Xunta de Galicia sobre o uso da auga: 

  • A restricción do uso de auga potable (inxesta, preparación de alimentos ou hixiene bucodental).

  • Si pode empregarse para hixiene persoal (lavado de mans e duchas) así como para usos domésticos de limpeza.