Publicador de contidos

VIII EDICION DO CERTAME LITERARIO DE VIAQUA

Un ano máis, Viaqua, lanza a VIII Edición do seu Certame Literario entre os alumnos e alumnas galegos coa intención de concienciar sobre o consumo da auga.

Viaqua abre o prazo para recibir relatos curtos do seu Certame Literario “Relatos de Auga Intelixente”, dirixido ao alumnado de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato nalgún dos municipios onde a empresa xestiona o servizo de auga.

Nesta nova edición, a octava, a temática que deberán tratar os participantes será o consumo responsable da auga como recurso finito e imprescindible para vivir. VIAQUA busca concienciar aos máis mozos a través da creatividade e da arte. Por iso manteñen as dúas modalidades de participación: relato curto clásico ou relato curto creativo, onde poderán enviar relatos curtos en formato poesía, banda deseñada, fotografía ou texto.

Os interesados en participar poderán enviar os seus relatos curtos, de máximo 200 palabras, ao enderezo electrónico certamenviaqua@gmail.com ata o día 11 de febreiro de 2022. Os relatos gañadores publicaránse na web de Viaqua na semana do Día Mundial da Auga 2022. Entregaránse premios (tablet, ebook, tableta gráfica …) en todas as categorías, así como ao centro escolar que maior participación de alumnos rexistre.

 

Consulta las bases de participación.