Publicador de contidos

Voluntarios de Viaqua colaboran co Banco de Alimentos de Santiago

" "

Os días 5 e 6 de abril tivo lugar a Recollida de Alimentos por parte dos Bancos de Alimentos de Galicia e Cruz Vermella en distintas cidades da comunidade.  Viaqua puxo a disposición do Banco de Alimentos de Santiago furgonetas corporativas e persoal voluntario da empresa, que se repartiu entre os 15 supermercados das cadeas  Gadis e  Froiz, en Santiago e Ames, para recoller e transportar os alimentos.

José Pita, presidente deste banco, pediu aos composteláns que doasen fundamentalmente azucre, aceite, conservas de peixe e outros artigos para os almorzos como cacao e galletas.

Como resultado da acción, recolléronse case 15.000 kg de alimentos para doar a familias de Santiago que se atopan en situación desfavorecida.