Lectura de contador

Lectura de Contador

Achega a lectura do teu contador

Para que a túa facturación sexa o máis precisa posible

 

Comunicar a lectura do teu contador suporá que a facturación sexa efectuada acorde ao seu consumo real, no canto de por unha estimación de consumos previstos.

Para realizar a autolectura do teu consumo de auga deberás ter a man os seguintes datos:

  • O teu número de contrato 
  • A lectura actual do teu consumo:  para lelo directamente do teu contador, haberá que lelo de  esquerda a dereita sen ter en conta nin as esferas nin os números en vermello, xa que nos están a indicar fraccións de m3, como podemos observar no seguinte exemplo ilustrativo.

TUTORIAL | Axudámosche a ler o teu contador de auga

  • Axudámosche a ler o teu contador

    Os contadores miden en metros cúbicos (m3)

    1 m3 son 1.000 litros

    Os díxitos en negro antes da coma son m3 e son os que debes indicar cando nos deas a túa lectura

    Os díxitos en vermello equivalen aos litros e non se teñen en conta na toma da lectura

    Se tes todas as chaves das billas pechadas e ningún electrodoméstico funcionando, non deberían moverse as agullas

    Se o fan, ponte en contacto cun especialista porque poderías ter unha fuga

Lectura de Contador