Publicador de contidos

Viaqua intensifica durante o mes de outubro o plan de limpeza da rede de sumidoiros da cidade

 

" "

Co obxectivo de preparar a rede de rede de sumidoiros, ante a estación de outono e a chegada das choivas,  Viaqua vai intensificar durante o mes de outubro o programa de limpeza preventivo da rede urbana de Santiago, formada por 647 quilómetros.

Estas tarefas, que se levan a cabo ao longo de todo o ano, responden a un sistema avanzado de xestión que inclúe tanto a frecuencia de inspección como a limpeza a fondo das canalizacións da rede de sumidoiros e da rede de augas pluviais, facendo especial fincapé nos puntos conflitivos. Ademais, a empresa municipal realiza periodicamente inspeccións da rede de saneamento con cámara de TV, co obxectivo de localizar aqueles puntos da rede nos que haxa algunha obstrución.

Viaqua desprega brigadas de operarios, camións e máquinas co obxectivo de asegurar que os elementos do sistema na rede de sumidoiros atópense ao máximo da súa capacidade hidráulica para evacuar, con garantías, as augas pluviais durante os episodios de choiva.

As tarefas de limpeza realizaranse en horario nocturno nas zonas máis céntricas, ao obxecto de non entorpecer o tráfico rodado nin a actividade da cidade durante o día.

Para finais de ano completarase a limpeza dos 21.501 pozos de rexistro da rede de 647 quilómetros de rede de sumidoiros; e limparanse un total de 10.745  sumidoiros. Para manter en correcto estado a rede é imprescindible a colaboración cidadá, polo que se aconsella non arroxar á rede de pluviais produtos como lixivia, xabóns ou pintura, xa que acaban directamente nas canles fluviais.