Comprendendo as tarifas
 

As tarifas para a xestión auga elabóranse tendo en conta as características específicas do municipio de Cambados e a lexislación vixente.

No municipio de Cambados o prezo do servizo de abastecemento municipal é o resultado de aplicar unha cantidade fixa e outra variable, especificadas na ordenanza municipal, e determínase en función dos seguintes elementos:

  • Cota de servizo por dispoñibilidade deste.
  • Cota fixa por un mínimo facturado e variable por un exceso de consumo real.

Cunha periodicidade trimestral, aplícase a tarifa en función do uso contratado e polo volume de auga rexistrada, todo isto co obxectivo de fomentar un consumo racional e sostible da auga.

Accede á lexislación completa referente á taxa de auga: 

O canon da auga é un tributo propio da comunidade autónoma de Galicia, con natureza de imposto.

O coeficiente de vertedura é unha taxa específica para o fornecemento do servizo de depuración de augas residuais por parte da administración hidráulica de Galicia.

Para acceder á lexislación completa referente ao canon da auga e coeficiente de vertedura, preme na seguinte ligazón:

A factura da auga pode incluir diferentes conceptos. A continuación, recóllense exemplos do que representaría o prezo por litro dunha factura de 7, 15 e 30m³ de consumo de auga doméstica (1m³ = 1.000 litros).

  Consumo de 7 m³ Consumo de 15 m³ Consumo de 30 m³
€/litro 0,00153 0,00071 0,00063
€/1.000 litros 1,53 0,71 0,63