Outras políticas de privacidade

Política de provacidade da web

  • Política de provacidade da web

    1. Que finalidade ten esta Política de protección de datos persoais?

    Esta política ten por obxecto dar a coñecer o modo en que obtemos, tratamos e protexemos os datos persoais que facilites ou recollamos a través da web de Viaqua (en diante, o “Sitio Web” ou a “Web”) e a Oficina Virtual (link a la OV) ou por medio de formularios e/ou cookies para que poidas decidir libre e voluntariamente se desexas que os tratemos.

    Na Web pódense atopar distintas ligazóns a plataformas e páxinas xestionadas por terceiras entidades, desde as que se ofrecen servizos comúns para empresas do grupo SUEZ, ao que pertence Viaqua. Estas páxinas dispoñen da súa propia política de privacidade, na que se detalla a entidade responsable do tratamento dos datos e as finalidades deste.

     

    2. Quen é o Responsable do tratamento dos datos recollidos a través deste Sitio Web?

    O responsable do tratamento dos datos persoais recollidos a través deste Sitio Web é Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U (en diante, 'Viaqua'), con domicilio social en Rúa José Villar Granjel, nº 33 CP 15890 e NIF A66141185.

     

    3. Que tipo de datos recolle Viaqua a través deste Sitio Web e para que se utilizan e cal é a base de lexitimación?

    Visitar a Web de Viaqua e navegar polas súas distintas seccións non require que se facilite ningún dato de carácter persoal. Con todo, recolleremos determinada información relacionada coa navegación que realizas (que non sempre nos permitirá identificar o Usuario) a través de cookies instaladas no teu equipo. Por favor, consulta máis detalles na nosa Política de cookies .

    O Usuario da Web pode realizar diferentes xestións para as que será necesario tratar os seus datos persoais:

    (i) Xestións para as que non será necesario que sexa cliente nin estea rexistrado no noso sistema, por exemplo: formular queixas, informar de fraudes ou de avarías na vía pública ou nalgún inmoble, presentar reclamacións, realizar consultas.

    Segundo a xestión a realizar e para poder atendela correctamente, poderanse solicitar datos identificativos (nome, apelidos e DNI nalgúns casos), datos de contacto (enderezo postal, teléfono, correo electrónico segundo a petición), outros datos relacionados coa petición que se efectúa, por exemplo: enderezo da fraude ou avaría detectada…

    • Os datos do Usuario trataranse coa finalidade de xestionar a solicitude contida no formulario ao que acceda e complete.
    • A base de lexitimación será o consentimento fornecido polo Usuario que os facilita, que se pon en contacto de xeito voluntario con Viaqua. Este consentimento é revogable en todo caso, sen efectos retroactivos (é dicir, non afectaría ás peticións ou solicitudes xa tramitadas).

    (ii) Xestións na web que teñan por finalidade a alta como cliente/abonado do servizo, por exemplo: petición de acometida, solicitude de alta, cambio de nome ou subrogación nun contrato preexistente.

    Segundo a xestión a realizar e para poder atendela correctamente, solicitaránseche datos identificativos (nome, apelidos e DNI), datos de contacto (enderezo postal, teléfono, correo electrónico segundo a petición), datos relacionados co inmoble para o que solicitas a subministración ou cambio de titularidade (escrituras de propiedade, referencia catastral, contrato de arrendamento), datos de representación (apoderamento, no caso de que actúes en representación doutra persoa ou unha persoa xurídica), datos económicos (datos bancarios para a domiciliación de recibos…).

    • Os teus datos trataranse coa finalidade de xestionar a alta como cliente do servizo.
    • A base de lexitimación será o consentimento fornecido polo Usuario que os facilita, que se pon en contacto de xeito voluntario con Viaqua.

    o O Usuario que se relaciona con Viaqua para ser cliente do servizo pode atopar máis información sobre o tratamento dos seus datos na Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

    (iii) Xestións na web que requiren que o Usuario sexa cliente ou abonado do servizo ou persoa autorizada polo titular do contrato, por exemplo: completar a autolectura, pagamento en liña de facturas…

    Os datos introducidos trataranse coa finalidade de realizar a xestión seleccionada no marco do teu expediente de contrato para xerar os recibos do servizo fornecido.

    Se vas xestionar o pagamento en liña de facturas, serás conducido a páxinas xestionadas por terceiras entidades (banca en liña) que colaboran con Viaqua. Estas páxinas dispoñen da súa propia política de privacidade, na que se detalla a entidade responsable do tratamento dos datos e as finalidades deste.

    Viaqua trata os datos en base ao consentimento fornecido polo Usuario que os facilita, que se pon en contacto de xeito voluntario con Viaqua.

    (iv) Xestións que requiren necesariamente o rexistro na “Oficina Virtual” ou “Área de Clientes” da Web: a través da Oficina Virtual, o cliente pode acceder aos seus datos no expediente de contrato e, ademais, modificar datos (datos de contacto, datos bancarios [sempre que sexa o titular da conta]), introducir datos de lectura do período, activar a factura electrónica, solicitar duplicados de facturas, activar o plan 12 Pingas, entre outras.

    Para rexistrarse na Oficina Virtual requírese que o Usuario sexa cliente ou abonado do servizo e acepte as condicións de uso que se amosan ao comezo do proceso de rexistro.

    O tratamento de datos no espazo da Oficina Virtual é necesario para xestionar a relación contractual subscrita entre o cliente e Viaqua. Os clientes de Viaqua dispoñen de información adicional sobre o tratamento dos seus datos persoais na Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

     

    4. Trámites realizados por un terceiro ou en nome dunha empresa e por administradores de predios

    Como norma xeral, o Usuario da Web, a través dos formularios dispoñibles nesta, facilitará unicamente datos persoais dos que é titular. No entanto, admitirase que o Usuario facilite datos dun terceiro sempre que (i) obtivera os datos de xeito lícito; (ii) dispoña de autorización e informara o afectado, cando proceda, do trámite ou consulta que vai realizar.

    Os trámites e consultas que se realicen a través da Web deben ser efectuados polo Usuario en nome propio. Como excepción ao anterior, poderanse efectuar xestións en nome de terceiros no caso de:

    • Persoa con autorización expresa do titular.
    • Representantes ou persoas de contacto de persoas xurídicas que actúen en nome destas.
    • Administradores de predios debidamente colexiados, actuando en nome de comunidades de propietarios e outros clientes.

    Os datos persoais dos representantes, persoas de contacto e administradores de predios trataranse, en base ao interese lexítimo (de acordo co disposto no artigo 19 da Lei orgánica 3/2018 de protección de datos e garantía de dereitos dixitais), coa única finalidade de xestionar a petición efectuada en nome dun terceiro.

    No caso de que os datos persoais achegados pertencesen a un terceiro, quen os facilita garante que informou tal terceiro desta Política de privacidade e obtivo a súa autorización para facilitar os seus datos a Viaqua coas finalidades sinaladas. Igualmente, garante que os datos achegados son exactos e actualizados, sendo responsable de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que puidese ocasionarse como consecuencia do incumprimento de tal obriga.

     

    5. Quen pode acceder aos datos persoais facilitados a Viaqua a través deste sitio web?

    Viaqua utiliza fornecedores de servizos para a realización dalgunhas tarefas propias do contrato, que, no seu caso, deberán acceder aos datos de usuarios para poder realizar a xestión que se solicita. Estes fornecedores terán a condición de Encargados do tratamento e unicamente tratarán os datos persoais conforme ás instrucións de Viaqua. En ningún caso utilizarán os datos persoais do Usuario para fins propios ou diferentes dos detallados nesta Política.

    Por eficiencia do servizo, algúns dos nosos provedores están radicados en países situados fóra do Espazo Económico Europeo (EEE) ou, estando radicados no EEE, comparten a información con outras entidades de fóra de tal territorio. Viaqua garante que:

    • As transferencias realízanse a países con respecto aos cales a Comisión Europea declarou que proporcionan un nivel de protección comparable ao europeo.
    • En ausencia da devandita declaración de adecuación (na actualidade realízanse transferencias a países como EE UU, entre outros), asináronse as cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión.

    Podes consultar esta información na páxina da AEPD: https://www.aepd.es/es/derechos-y-deberes/cumple-tus-deberes/medidas-de-cumplimiento/transferencias-internacionales

    Para obter máis información, contacta co Delegado de Protección de Datos de Viaqua.

     

    6. A quen comunicamos os teus datos?

    Viaqua, en base ao interese lexítimo, pode transmitir os seus datos persoais dentro do Grupo Suez para fins administrativos (Considerando 48 do RXPD).

    Fóra do suposto anterior, Viaqua non comunica os seus datos persoais recollidos a través deste sitio web a terceiras partes, salvo que Vde. o consentir expresamente ou for en cumprimento dunha obriga legal.

    Cando sexa necesario o teu consentimento para comunicar os teus datos persoais a terceiros, nos formularios de recollida de datos informarémoste da finalidade do tratamento e dos datos obxecto de comunicación, así como da identidade ou sectores de actividade dos posibles cesionarios dos teus datos persoais.

    Viaqua si podería estar obrigada a comunicar nalgúns casos datos de usuarios, trátese ou non de clientes, ás administracións competentes titulares de servizos ou de conceptos tributarios asociados aos servizos que fornece cando así se lle requira ou cando a comunicación resulte necesaria para atender a solicitude ou consulta ou cando sexa necesario para xestionar xudicialmente unha situación de fraude.

    En particular, Viaqua está obrigada a comunicar os datos persoais dos seus clientes a determinadas administracións, tal e como se detalla no apartado 7 (A quen comunicamos os teus datos?) da Política de protección de datos de clientes e usuarios do servizo.

     

    7. Por canto tempo conservamos os teus datos?

    Os datos de clientes conservaranse mentres se manteña a relación contractual para poder xestionala adecuadamente. Unha vez finalizada dita relación (transcorridos os prazos da operativa de cobranza de recibos pendentes e resoltos conflitos abertos en relación co servizo) deberemos conservar os teus datos debidamente bloqueados durante un período adicional en que puidese existir calquera responsabilidade derivada de servizos facilitados ou dos tratamentos realizados.

    Os datos de non clientes facilitados para outras xestións (consultas, comunicacións de fraudes…) conservaranse polo tempo que resulte necesario para xestionar a solicitude, mais un período adicional a efectos de atender posibles responsabilidades legais derivadas desta.

    No caso de que autorices o envío de comunicacións comerciais, manteremos os teus datos ata o momento en que nos indiques que queres deixar de recibir as nosas ofertas, mesmo aínda que finalice a relación contractual connosco.

     

    8. Cales son os teus dereitos en materia de protección de datos e como podes exercitalos?

    A Lei recoñéceche, no caso de que outorgaras o teu consentimento, dereito a poder retiralo en calquera momento, así como os seguintes dereitos en materia de protección de datos:

    DEREITO

    CONTIDO

    Acceso

    Poderás consultar que datos persoais están incluídos nas bases de datos de Viaqua.

    Rectificación

    Poderás modificar os teus datos persoais cando sexan inexactos ou incompletos.

    Oposición Solicitar que non tratemos os datos persoais para algunhas finalidades concretas.

    Supresión

    Poderás solicitar que eliminemos os teus datos persoais.

    Limitación do tratamento

    Poderás solicitar a limitación do tratamento dos teus datos nos seguintes casos:

    -Mentres se comproba a impugnación da exactitude dos teus datos.

    -Cando o tratamento é ilícito pero ti oposte á supresión dos teus datos.

    -Cando Viaqua non necesite tratar os teus datos pero ti os precises para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

    -Cando te opuxeras ao tratamento dos teus datos para o cumprimento dunha misión en interese público ou para a satisfacción dun interese lexítimo, mentres se verifica se os motivos lexítimos para o tratamento prevalecen sobre os teus.

    Portabilidade

    Poderás recibir, en formato electrónico, os datos persoais que nos facilitaras, así como transmitilos a outro responsable.

     

    Para exercer os anteriores dereitos, ou revogar o consentimento dado, bastará con que nos envíes a túa solicitude por calquera dos seguintes medios:

    Será necesario achegar fotocopia do DNI ou documento equivalente que acredite a identidade e sexa considerado válido en dereito. No caso de que se actúe a través de representación legal deberá achegarse, ademais, DNI e documento acreditativo da representación.

    Adicionalmente, Viaqua nomeou un Delegado de Protección de Datos co que podes contactar se tes calquera dúbida ou queixa en materia de protección de datos. Podes contactar co Delegado de Protección de Datos por calquera dos seguintes medios:

    • Correo electrónico: dpo@viaqua.gal
    • Correo Postal: Rúa José Villar Granjel, nº 33 CP 15890 A/A do Delegado de Protección de Datos.

    A túa reclamación investigarase de xeito confidencial e recibirás unha resposta do noso Delegado de Protección de Datos.

    En todo caso, como afectado ou interesado, podes presentar unha denuncia ante a autoridade de protección de datos competente, neste caso , a Agencia Española de Protección de datos.

     

    9. Redes sociais

    Como norma xeral, os perfís corporativos de Viaqua en redes sociais (Twitter, Facebook, etc.) teñen un carácter meramente informativo. Se nos facilitas datos a través de mensaxes privadas en redes sociais con motivo dunha consulta ou petición realizada por ese medio, os datos persoais facilitados serán utilizados exclusivamente para atender a petición efectuada, nos termos expostos nesta política. Lembrámosche que non debes incluír datos persoais teus ou de terceiros (como e-mails, nome, teléfono ou número de contrato) a través de mensaxes abertas en ningunha rede social. Se non estás seguro de se a túa mensaxe pode ou non ser lida por terceiros, aconsellámosche que contactes connosco por outra canle.

     

    10. WhatsApp Business (no caso de que esta opción estea dispoñible neste sitio web)

    Viaqua dispón dun servizo de mensaxería instantánea a través de WhatsApp Business. As súas finalidades están referenciadas no apartado 3 desta política. O uso de WhatsApp por parte do Usuario está suxeito ás súas Condicións do servizo de WhatsApp Business.