Publicador de contidos

Alianzas e compromisos fronte ao cambio climático, claves para asegurar un futuro sostible

Este verán tróuxonos unha situación de escaseza da auga con poucos precedentes, con imaxes inéditas en Galicia e noutros lugares do mundo. Os efectos do cambio climático xa son innegables. En España, un dos países da Unión Europea máis afectados polo cambio climático, a escaseza hídrica é un desafío importante en gran parte do territorio, mesmo nalgunhas zonas que habitualmente non padeceron de falta de auga.

Viaqua é unha empresa comprometida na loita contra o cambio climático, axudando desde hai anos a que os municipios sexan máis resilientes e se adapten mellor ás necesidades futuras. Ofrece solucións innovadoras en materia de xestión sostible da auga e dos recursos naturais para as cidades e núcleos de menor poboación. A súa folla de ruta é a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas. En Galicia, Viaqua presta servizo de auga a máis de 765.000 persoas, en preto de 50 municipios.

Mitigación e adaptación como estratexia fronte ao cambio climático

A nosa estratexia climática baséase na mitigación das causas do quecemento global e na adaptación ás consecuencias do cambio climático. Así, abordamos a redución das emisións e o uso de recursos alternativos, considerando o binomio auga-enerxía, xa que, a planificación e xestión de recursos hídricos debe incorporar o compoñente enerxético: “As tecnoloxías e solucións do futuro non só teñen que satisfacer a demanda de auga, senón que han de facelo co menor consumo enerxético posible”.

Para avanzar no noso obxectivo de redución de emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), apostamos pola compra de enerxía verde, a eficiencia enerxética, a xeración de enerxía renovable e a implantación dunha mobilidade sostible. Como exemplo, en 2021 conseguimos xerar preto de 600 MWh de enerxía renovable a través do biogás xerado nas estacións de depuración e a enerxía solar fotovoltaica. Ademais, a implantación da nosa política de mobilidade sostible permitiu reducir un 19% as emisións de GEI asociadas á frota vehicular, respecto ao 2019. Grazas ao consumo de enerxía con garantías de orixe (GdO), desde o 2017, reducimos as emisións potenciais de 65.000 toneladas equivalente de CO2 derivadas do consumo eléctrico.

" "

Viaqua aposta tamén pola economía circular a través de sistemas de produción e consumo máis eficientes, reducindo tanto o consumo de materias primas e enerxía, como a xeración de residuos e emisións. Neste ámbito, conseguimos valorizar o 96% dos residuos xerados nas plantas depuradoras que xestiona. Esta valorización supuxo evitar a emisión potencial en 2021 de máis de 10.000 toneladas equivalente de CO2.

Un proxecto pioneiro é a transformación das depuradoras tradicionais en biofactorías, un modelo recoñecido por Nacións Unidas como proxecto destacado na loita contra o cambio climático. As biofactorías rexeneran a auga para novos usos, valorizan todos os residuos e producen enerxía renovable para auto abastecerse. A EDAR de Ourense, coñecida como Biofactoría Norte, xestionada por Viaqua, é un referente internacional. Doutra banda, o Centro Mixto CIGAT-CIRCULAR, froito da colaboración entre Viaqua e Cetaqua Galicia xunto coa Axencia Galega de Innovación (GAIN), é resultado da evolución das Unidades Mixtas CIGAT (2015-2018) e CIGAT- BIOFACTORÍA (2018-2021), propoñendo un modelo integral para converter os residuos de orixe industrial, urbano, agrícola e rural en recursos de alto valor engadido que permitan unha Galicia máis descarbonizada e sostible nos ámbitos urbano e industrial.

A innovación é a clave para aumentar a resiliencia das cidades e pequenos núcleos de poboación fronte aos efectos do cambio climático. Neste sentido, Viaqua, defende como a dixitalización da auga pode actuar como vector de transformación e adaptación territorial fronte aos efectos do cambio climático. Agbar, grupo ao que pertence Viaqua, desenvolveu a rede Dinapsis que desprega solucións dixitais de referencia para a transformación dixital da xestión da auga e a saúde ambiental dos territorios, promovendo o desenvolvemento de cidades intelixentes, resilientes e verdes. Así mesmo, Viaqua impulsa a implantación de infraestruturas verdes mediante solucións baseadas na natureza, preservando a biodiversidade e os ecosistemas, tanto en contornas urbanas como rurais.

Acabamos de publicar o Informe de Desenvolvemento Sostible 2021, onde se mostran as principais iniciativas que levamos a cabo durante o último ano para contribuír ao cumprimento das metas da Axenda 2030 e garantir así un futuro máis sostible e equitativo para as xeracións vindeiras.