Publicador de contidos

Alumnado da FP Dual da Auga visita as instalacións de Viaqua

Con motivo do Día Mundial da Auga, recibimos a visita do alumnado da FP Dual da Auga, que promovemos xunto co I.E.S. Politécnico de Santiago e a Xunta de Galicia.

" "

A primeira parada foi a sede central, o AquaHub A Vila da Auga, onde foron recibidos pola xerente de Santiago, Ana Tejeiro, a directora de Recursos Humanos, Alicia Royo, o xefe de Servizo en Santiago, David Permui, e a xerente de Cetaqua en Galicia, Teresa Alvariño. O alumnado puido coñecer da man de todos eles algún dos proxectos nos que está involucrada a empresa, como a dixitalización do sector da auga ou a transformación das depuradoras en biofactorías, así como os retos que plantexa o cambio climático e as solucións que se están deseñando e poñendo en marcha.  

A visita continuou na ETAP do Tambre, onde a xefa de planta, Diana Peleteiro, explicou as funcións das diferentes partes do proceso de potabilización da auga que posteriormente se distribúe aos fogares composteláns.

Por último, o alumnado puido ver a EDAR de Aríns, na que a xefa de planta, Marta Clemente, mostrou as instalacións e procesos que alí se levan a cabo. Tamén houbo tempo para a concienciación e ensinar algunhas das problemáticas diarias que causan as toalliñas, máscaras e outros produtos non degradables que se tiran polo retrete.

En todas as instalacións, o alumnado puido charlar cos traballadores de Viaqua, que foron resolvendo as dúbidas que lles foron plantexando e tamén coñeceron a antiguos alumnos da FP Dual da Auga que agora forman parte do persoal de Viaqua.

Esta foi a primeira toma de contacto con Viaqua duns alumnos e alumnas que se incorporarán facer as primeiras prácticas na empresa nas vindeiras semanas.