Publicador de contidos

AquaOurense plantará máis de 800 árbores en Muíños dentro do proxecto ‘Sementando Osíxeno’

Co obxetivo de promover e colaborar na descarbonización da provincia, a reforestación capturará ao redor de 200 toneladas de dióxido de carbono nos próximos 30 anos

Esta plantación nace como unha das iniciativas promovidas dentro do Pacto Social AquaOurense que se está a desenvolver da man da Deputación de Ourense

Esta mañá levouse a cabo en Muíños a presentación do proxecto “Sementando Osíxeno”, dentro do cal plantaranse máis de 800 árbores forestais en Ourense este mes de decembro, coa fin de sanear e restaurar forestalmente o entorno do Punto Limpo de recollida de residuos da localidade ourensá de Muíños.

Esta iniciativa xorde da celebración das distintas mesas de traballo do Pacto Social AquaOurense, promovido por Viaqua e a Deputación de Ourense, concretamente das mesas de emprego e reconstrución verde que tiveron lugar no mes de setembro. O proxecto “Sementando Osíxeno” está promovido pola Fundación Aquae e a empresa mixta AquaOurense, e conta coa colaboración da Deputación de Ourense, o Concello de Muíños e a “Asociación de Padres y Madres de Discapacitados Intelectuales de Ourense” (ASPAMADIS) a través do Centro Especial de Emprego CEGASAL.

                                                                                       " "

A repoboación forestal, a cal realizarase con técnicas de baixo impacto ambiental, afectará a unha superficie de uns 12.000 metros cadrados de paraxe coñecido como Monte Torrente. Plantaranse máis de 800 exemplares de catro especies distintas: robles melojo (Quercus pirenaica), nogueiras (Juglans regia), majuelos (Crataegus monogyna) e castaños (Castanea sativa), sen superar as 600 plantas por hectárea.

Ademais de recuperar a vexetación arbórea perdida en máis de 10.000 m2 de superficie forestal degradada, as finalidades da plantación inclúen protexer a terra, fomentar a biodiversidade e crear masas forestais mixtas capaces de facer fronte aos efectos do cambio climático e evitar potenciais desastres naturais. Deste xeito, AquaOurense e o Concello de Muíños promoven e colaboran na descarbonización da provincia, coa absorción de ao redor de 200 toneladas de CO2 nos próximos 30 anos grazas a esta reforestación. O Concello de Muíños amosa así o seu compromiso na redución da pegada de carbono, exemplo que seguirán outros concellos da provincia.

Esta plantación, permitirá ademais poñer en práctica un dos obxectivos do Pacto Social AquaOurense: dotar de oportunidades a persoas en risco de exclusión. Nesta ocasión, para realizar esta plantación en Muíños, Fundación AQUAE e AquaOurense apoiarase en ASPAMADIS, Centro Especial de Emprego integrado en CEGASAL, referente na promoción e representación de iniciativas empresariais sen ánimo de lucro co obxectivo de promover a calidade de emprego das persoas con discapacidades e persoas en risco de exclusión social e a súa inclusión na actividade económica, social e empresarial de Galicia. Serán así eles os que completen as tarefas de sementado de este novo bosque galego.

Cabe recordar que en 2021 Fundación AQUAE recibiu por segundo ano consecutivo o triplo selo ‘Calculo + Reduzo + Compenso’ que outorga a OECC. Con elo, volveu a ser a única fundación medioambiental avalada por este triplo distintivo que acredita a súa capacidade para calcular, reducir e compensar a súa pegada de carbono coas actividades que desenvolveu en España durante 2020. Cabe apuntar que só 10 entidades de toda España recibiron o triplo distintivo nesta ocasión.