Publicador de contidos

Arrancou o segundo curso da FP Dual da auga no Politécnico de Santiago

 

" "

Onte tivo lugar a presentación do segundo curso do FP dual da auga  “Redes e Estacións de Tratamento de Augas” e hoxe comezaron as clases no Politécnico de Santiago de Compostela. Durante a tarde de onte, Jose Antonio del Rey, xerente de operacións de Viaqua asistiu ao acto de presentación e falou cos alumnos e alumnas do FP dual da auga de cara a motivalos para o inicio dun novo curso.

O director do Politécnico, José Manuel Leis, afirmou que a FP é «un magnífico medio para a incorporación ao mundo laboral e para a continuidade dos estudos», e destaco os bos resultados que se conseguen. Así mesmo. Jose Antonio del Rey mostrou a súa satisfacción cos resultados do primeiro ano do FP e das prácticas que cursaron todos os alumnos e alumnas na empresa: “Era el primer año de este ciclo y no sabíamos cómo iba a funcionar, pero ha sido una experiencia muy agradable, para nosotros, los chicos y los trabajadores. El personal se dio cuenta de que era gente que no venía a pasar el tiempo, sino a aprender".

"Si tuviera que decir algo que hubiera que mejorar de las prácticas no sabría qué decir. Fue todo mejor de lo esperado.” Estas foron as declaracións de un dos alumnos do FP que fixeron prácticas durante o curso pasado en Viaqua e este ano móstrase ilusionado con rematar a súa formación e poder incorporarse ao mercado laboral.

A primeira FP Dual da auga é un ciclo de nova implantación en Galicia que forma a alumnos e alumnas como técnicos especialistas no ciclo integral da auga. Unha oportunidade nova de formación profesional que, grazas á colaboración entre a Consellería de Educación e a iniciativa privada de Viaqua, amplía a posibilidade de acceso dos máis novos ao mercado laboral, neste caso no sector da auga.