Publicador de contidos

Catro alumnas do colexio plurilingüe Divina Pastora de Ourense foron galardoadas no IX Certame Literario 'Relatos de Auga Intelixente'

Catro alumnas do colexio plurilingüe Divina Pastora de Ourense foron galardoadas no IX Certame Literario ‘Relatos de Auga Intelixente’. Este certame é organizado por Viaqua e está dirixido a escolares dos preto de 50 concellos onde a empresa xestiona o ciclo integral da auga.

A temática desta última edición centrouse na seca e o consumo responsable da auga pode axudar a mitigar esta situación. Desde Viaqua, destacan que o obxectivo deste certame  é difundir a cultura galega e fomentar a participación activa dos rapaces e rapazas no uso sostible da auga e o coidado do medio ambiente a través da literatura.

Na novena edición do Certame Literario “Relatos de Auga intelixente” a empresa aumentou o número de premios, un total de 19, e fomentando e apoiando o comercio local, entregando como premios “Vales regalo” de 150€ (1ºpremio), 75€ (2º premio) e 50€ (terceiro premio) para consumir no comercio local en produtos deportivos, de papelería/librería ou tecnolóxicos.

O director de Viaqua, Iván José Vicente agradeceu a implicación dos profesores e familiares para fomentar as vocacións literarias no alumnado, así como a colaboración do Concello de Ourense en todas as edicións do Certame Literario. O alcalde do Concello de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome destacou a iniciativa de Viaqua por despertar conciencias medioambientales e literarias no alumnado. Así como a necesidade de valorar e coidar un recurso tan esencial e necesario como auga, no contexto de cambio climático que estamos a vivir.

O director de Viaqua, Iván José Vicente

O xurado, composto por Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia;  Mª Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e Maria del Mar Fernández Vázquez, profesora da Universidade de Vigo, seleccionou as propostas presentadas por Noa Codeso, Adriana Piñeiro, Uxía Gómez e Clara Rodríguez como gañadoras na categoría de relato creativo pola adecuación dos seus traballos ás bases do concurso, así como pola súa calidade e creatividade. Ademais, o centro onde estudan as catro estudantes ourensás, o colexio plurilingüe Divina Pastora, recibiu un lote de libros en galego sobre auga e medio ambiente tras volver ser o colexio con maior participación de toda Galicia cun total de 153 relatos enviados.

RELATOS GAÑADORES IX CERTAME LITERARIO VIAQUA

RELATO CREATIVO

  • CATEGORÍA ESO

 Subcategoría 1º y 2º

2º premio: ‘Agua’ – Autora: Clara Rodríguez Fernández do Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas, Ourense

2º premio: ‘Auga: un misterio que todos coñecemos’ – Autora: Uxía Gómez Vázquez do Colexio Plurilingüe Divina Pastora- Franciscanas, Ourense 

Subcategoría 3º y 4º

1º premio: ‘ Eu vivín a carón dun río’ – Autora: Adriana Piñeiro Varela do Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas, Ourense.

3º premio: ‘Auga que nos das vida’ – Autora: Noa Codeso Pacios do Colexio Plurilingüe Divina Pastora - Franciscanas, Ourense