Publicador de contidos

Coñece os relatos gañadores do X Certame Literario ‘Relatos de auga intelixente’

Xa temos relatos gañadores da décima edición do Certame Literario ‘Relatos de auga intelixente’, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos de centros educativos das localidades de toda Galicia nas que xestionamos o servizo.

Esta edición foi moi especial xa que se cumpren dez anos dende que puxemos en marcha este certame co obxectivo de concienciar ás novas xeracións sobre o necesaria que é a auga no noso día a día e a importancia de coidar dun ben tan prezado e escaso. Nesta edición presentáronse 289 relatos e o total nas dez participacións achégase aos 4.000 participantes. Todo un éxito de convocatoria que demostra o interese das novas xeracións en aunar literatura e o coidado do medio ambiente. 

Os gañadores e gañadoras desta edición son escolares dos colexios Divina Pastora e Padre Feijoo Zorelle de Ourense e dos institutos Antonio Fraguas e Lamas de Abade de Santiago de Compostela. 

A temática dos relatos foi "Un día sen agua: como sería un día no que a auga non estivese dispoñible no teu municipio”. O alumnado tivo que contarnos a súa visión sobre como vivirían un episodio deste tipo e recapacitar sobre a importancia que ten a auga en todas as accións que realizamos ao longo do día. O obxectivo foi concienciar sobre a cantidade de auga que consumimos de xeito inconsciente e facer que repensemos o consumo de auga que facemos, modificar os nosos hábitos e mudar a visión que temos da auga como un recurso infinito. O alumnado podía presentar as súas obras en dúas categorías: curto clásico ou curto creativo que non superasen as 200 palabras e o relato curto creativo era de formato aberto, recibindo varias propostas en forma de poemas, cancións, cómics ou vídeo-relatos. 

O xurado, que seleccionou as propostas gañadoras pola adecuación dos traballos ás bases do concurso, así como pola calidade e creatividade das propostas presentadas, estivo composto por profesionais do mundo literario e da auga: Carlos Taboada, escritor e ilustrador en Polo Correo do Vento; Susana Fernández, técnica do Departamento de Explotación de Augas de Galicia; Mª Teresa Abalde, xurídica de Viaqua e Carla Míguez, profesora da Universidade de Vigo.

RELATOS GAÑADORES X CERTAME LITERARIO VIAQUA

  • RELATO CLÁSICO

CATEGORÍA ESO

Subcategoría 1º e 2º

1º premio: ‘Un día sen auga’ – Nicolás Ballesteros Álvarez 

2º premio: ‘Entre regatos de nostalaxia’ – Lorena López Vázquez 

3º premio: ‘Esculcando o futuro’ – Anxo Rey López 

Subcategoría 3º e 4º

1º premio: ‘Santiago: sede e esperanza’ - Diego Martínez García 

2º premio: ‘Un día sin agua’ – Malak Aboufaris 

3º premio: ‘Río silente: ecos de un día sin agua en Ourense’ – José Manuel Fernández Ruiz

CATEGORÍA BACHARELATO/FP

1º premio: ‘Na procura’ – Lucía Fernández Pazos

2º premio: ‘Entre pedras e recordos’ – Victoria Valentina García Colmenares.

3º premio: ‘Vaia penuria!’ – Iria Pérez Antelo 

  •  RELATO CREATIVO

CATEGORÍA ESO

 Subcategoría 1º e 2º

1º premio: ‘O día que quedamos sen auga’ – Inés Fariña Romero 

2º premio: ‘SED’ – Lourdes Iglesias Fernández 

3º premio: ‘Que vou facer?’ – Lucía Fernández López 

Subcategoría 3º e 4º

1º premio: ‘Un día sen auga’ – Adrián Garrido Pérez 

2º premio: ‘Que dirías se che digo…’ – Alba Piñeiro Varela 

3º premio: ‘Perder mi mejor regalo’ – Silvia Iglesias Silvado  

CATEGORÍA BACHARELATO/FP

1º premio: ‘Bágoas de cristal’ – Adriana Piñeiro Varela 

2º premio: ‘Silencio acuático: Ourense nun día sen auga’ – Lucía Freijeiro Cid 

3º premio: ‘Vida de esencia baleira’ – Avril Díaz Estevez