Publicador de contidos

Corte de auga en As Pontes para a reparación dunha incidencia na rede

A interrupción do subministro está prevista para mércores día 7 de agosto dende as 8:00 ás 14:00 horas

O servizo municipal de auga informa aos veciños de As Pontes de que mañá, mércores día 7 de agosto, terá lugar un corte da subministración de auga que afectará ás seguintes zonas: Mourela, Casanova, Polígono Industrial de Os Airios, Aparral, Sexé, Pedrafita, Catarou, Paraño, Polígono industrial de Penapurreira, Porto Dos Frades, Cameleiro, Vila, Ribadeume, Bermui, Cal da Avelaíña, Faeira e San Pedro De Eume.

A interrupción do subministro levarase a cabo para proceder á reparación dunha avaría nunha tubería de distribución, en concreto no tramo que conecta o depósito de Os Airios coas zonas anteriormente indicadas.

A línea gratuíta de atención ó cliente CAT 900 201 230 estará a disposición dos veciños de As Pontes para ofrecer á información que requiran sobre os traballos de reparación.

Viaqua, á empresa responsable da xestión do servizo municipal de auga, e o Concello de As Pontes lamentan as molestias ocasionadas aos veciños.