Publicador de contidos

O Colexio Luís Vives recoñecido pola implicación do seu profesorado no programa Aquae STEM de Viaqua

Preto de 400 alumnas de Primaria de Galicia participaron nesta iniciativa destinada a estimular as vocacións científicas entre as nenas e visibilizar referentes femininos

Durante os últimos catro cursos académicos, as alumnas de 2º a 6º de Primaria de 7 colexios de Ourense, Santiago e Pontevedra foron adentrándose nas especialidades científicas e coñecendo a profesionais femininas destacadas en diversos ámbitos por medio do programa educativo Aquae STEM, que impulsa Viaqua xunto á Fundación AQUAE.

A implicación dos centros educativos e o alumnado neste estimulante programa viuse recoñecida coa entrega de galardóns a aqueles que máis sobresaíron no primeiro curso da segunda fase do programa educativo Aquae STEM, cuxa finalidade é promover o interese das estudantes polas carreiras STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas). Neste caso, o Colexio Plurilingüe Luís Vives de Ourense foi elixido o colexio máis involucrado,distinción que sinala ao profesorado que destacou pola súa implicación no programa.

A entrega destes recoñecementos puxo o peche á edición 2022-2023 deste programa que se iniciou en outubro de 2019 para facer fronte á brecha de xénero existente nos ámbitos científicos e técnicos. O último informe da Fundación CYD indica que as mulleres representan no noso país o 36% do alumnado nas titulacións STEM, cando en Europa son o 56%. 

Contribuír a mellorar esta situación é o obxectivo do  programa Aquae STEM, que no seu cuarto ano de andaina implementouse en 7 colexios de Galicia e chegou a preto de 400 alumnas de 2º a 6º de Educación Primaria, ademais de facilitar formación ao profesorado. 

Ao longo do curso 2022-2023, o alumnado puido coñecer de primeira man, vía webinar, o traballo de mulleres como a instrutora e pilota de drons Sonia García, a matemática Belén Rosado que as atendeu desde a Antártida, e participou tamén entregando un dos diplomas durante a cerimonia de peche do curso, a cablera Isabel Alcober, unha das artífices de que hoxe teñamos internet nos nosos fogares, ou Eva Villaver, que desde a NASA falou sobre as estrelas máis quentes do Universo. Este enfoque viuse reforzado este ano no programa Aquae STEM engadindo aos tradicionais webinars, as Historias do cambio de mulleres STEM ou os vídeos de mulleres STEM que traballan en Viaqua

Ademais, na entrega de galardóns interveu María Micaela, xefa de planta da Biofactoría de Ourense xestionada por Viaqua, en compañía de Sara Dacal como representante do Concello de Ourense. 

No acto de entrega de recoñecementos, María Micaela de Viaqua, Iria Vence do Colexio Luis Vives e Sara Dacal do Concello de Ourense

Alumnas e persoal docente do colexio Luís Vives de Ourense mostraron durante o evento o seu entusiasmo polo programa Aquae STEM, poñendo en valor o enorme atractivo da súa plataforma dixital gamificada e a súa proposta formativa, que convida as alumnas a investigar, solicitar información, facer proxectos de equipo acordando ideas e desenvolver a súa creatividade e o seu espírito científico mediante o método de proba e erro.