Publicador de contidos

O Concello de Ourense e Viaqua convocan o concurso de decoración de fachadas de vivendas de Nadal

O Concello de Ourense e Viaqua, coa fin de incentivar a participación cidadá na decoración de luces e adornos de Nadal das vivendas, contribuír ao ambiente festivo nas rúas durante o Nadal 2020 e promover a creatividade, convocan o Concurso de decoración de fachadas de vivendas no Concello de Ourense.

O motivo e a temática da decoración dos balcóns, ventás, ou fachadas será única e exclusivamente o Nadal, e valorarase o uso de materiais reciclados e a referencia ao recurso auga nestas decoracións, entre outros criterios.

Poderán participar toda a veciñanza de Ourense que decore as ventás, balcóns ou fachadas das súas vivendas, tanto de pisos como de vivendas unifamiliares situadas no termo municipal do Concello de Ourense. A decoración deberá ser instalada antes do día 25 de decembro. Só poderá presentarse ao concurso un único proxecto por vivenda.

As persoas organizadoras do certame designarán un xurado cualificador que poderá visitar, dende o exterior, as decoracións seleccionadas como finalistas desde o día 24 de decembro ao 8 de xaneiro.

Establécense os seguintes premios:

  • Primeiro premio: 1.500 €
  • Segundo premio: 500 €
  • Terceiros ventás e/ou balcóns: 2 premios de 500 € cada un
  • Terceiros fachadas vivendas unifamiliares: 2 premios de 500 € cada un.

A publicación dos premios farase o día 15 de Xaneiro de 2021 e a súa entrega días despois, se as condicións sanitarias o permiten, no salón de actos do Concello de Ourense.
 

Consulta aquí as bases do concurso e na páxina web municipal do Concello de Ourense (www.ourense.gal).