O Concello de Viveiro informa da fin das restricións do consumo de auga
O Concello de Viveiro informa de que quedan levantadas as restricións ao uso da auga da rede municipal de abastecemento, en vigor desde o pasado 7 de xuño.
A decisión foi adoptada tras comprobar que os resultados das analíticas realizadas tanto nos depósitos como nos distintos puntos da rede municipal cumpren cos parámetros esixidos no Real Decreto 3/2023, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga.
Restablecida a subministración habitual desde a captación do río Landro e garantida a seguridade sanitaria, o Concello agradece á veciñanza a súa colaboración e prudencia durante estes días.