Publicador de contidos

O horto solidario de Viaqua

 

" "

Viaqua cultiva un horto nunha planta potabilizadora

A estación de tratamento de auga potable (ETAP) do Cumial, Ourense, alberga un horto ecolóxico nas súas instalacións, o cal abastece a persoas en situación de risco. A idea xurdiu dos propios traballadores da planta potabilizadora de Viaqua, posto que as condicións da planta, extensión, dispoñibilidade de auga e clima, son favorables para o cultivo de verduras e hortalizas.

Os tres empregados da ETAP compatibilizan as tarefas do seu posto de traballo co mantemento do horto e a recollida dos alimentos. Encárganse de cultivar berenxenas, pementos, cabaciñas, tomates e cabazas, entre otros productos, da forma máis sostible posible, sen empregar ningún tipo de pesticida nin de produto químico. Estes alimentos son doados ao comedor social de Cáritas, na primeira colleita recolléronse 100kg de alimentos que grazas ao gran labor desta organización, abasteceron ás persoas sen recursos dos municipios próximos.

Os seguintes pasos serán establecer un sistema de rega que optimice os recursos, plantar árbores froiteiras na zona e incluír invernadoiros que permitan cultivar produtos ao longo de todo o ano.