Publicador de contidos

O Pacto Social AquaOurense impulsará iniciativas para a mellora do medio ambiente na provincia ourensá

As entidades da mesa de traballo do eixo Reconstrución verde acordaron proxectos para favorecer a transición ecolóxica e a economía circular

A través do Pacto Social, promovido por  AquaOurense, a empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por  Viaqua, quérese facer fronte aos novos retos sociais e económicos causados pola crise sanitaria e a climática, nas áreas de solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde na provincia de Ourense, por medio da cooperación e o diálogo.

En concreto, o obxectivo da primeira mesa de traballo do eixe Reconstrución verde é contribuír á transición ecolóxica, cara a un modelo socioeconómico sostible, inclusivo e xusto, baseado na economía circular, co fin de combater o cambio climático e os seus efectos, protexendo os ecosistemas e a biodiversidade.

Esta mañá, no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Ourense se levou a cabo o primeiro encontro, no que participaron entidades como a Universidade de Vigo, FEGAMP, Amigos da Terra, Ríos Limpios, Cetaqua, Deputación de Ourense e AquaOurense. Todas elas comprometéronse a traballar conxuntamente en áreas como: actuacións en zonas  inundables, espazos degradados, incendios, utilización auga rexenerada, drenaxes urbanas, gandería, sistemas de control da calidade das augas e dixitalización, entre outras.

" "
Celebración da mesa de traballo de Reconstrución verde do Pacto Social AquaOurense
 

A configuración desta mesa é vital, xa que a auga é un dos elementos máis expostos ás consecuencias do cambio climático, que supón o aumento das temperaturas, o incremento de precipitacións e os fenómenos meteorolóxicos extremos,  que impactan no volume e calidade deste recurso escaso.

Ademais, España e un dos países europeos máis afectados, cunha pegada hídrica de 2.325 metros cúbicos por cápita, o que fai necesario traballar para evitar un futuro sen auga.

O Pacto Social AquaOurense continuará realizando mesas de traballo periódicas, onde se acordasen plans de acción con iniciativas concretas que contribúan coa recuperación económica e social da provincia de Ourense.