Publicador de contidos

O ritual cotiá que salva vidas

Auga e xabón. Dous elementos cotiáns que son vitais para facer fronte á pandemia. Lavarse frecuentemente as mans, de forma  meticulosa e durante polo menos 20 segundos, é unha recomendación sanitaria para toda a poboación. Un ritual cotián que ata os máis pequenos da casa interiorizaron e incorporaron sen problemas aos seus hábitos diarios. Neste sentido, é imprescindible asegurar un uso racional da auga no fogar, evitando malgastes. Segundo un estudo citado por UNICEF, lavarse as mans con xabón con regularidade pode reducir a probabilidade de infección por Covid-19 nun 36%.

Hoxe, 15 de outubro, é o Día Mundial do Lavado de Mans, instituído por Nacións Unidas en 2008. Esta conmemoración serve para lembrar que, neste ano excepcional, máis que nunca, a auga é un ben básico para a saúde pública e o mellor aliado na loita contra o coronavirus e contra numerosas enfermidades que se preveñen cunha boa hixiene de mans. Por ese e outros motivos a subministración de auga e o saneamento foron declarados servizos esenciais durante o confinamento. 

A auga é unha ferramenta vital para fortalecer os sistemas de saúde e para crear  resiliencia a longo prazo. A pandemia deixou en evidencia que as comunidades con menor acceso a servizos básicos como a auga potable son as máis vulnerables fronte as crises sanitarias. Ademais, o cambio climático agravará a situación porque, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), en 2025, é dicir en só cinco anos, máis do 60% da poboación mundial vivirá en zonas con estrés hídrico.

Viaqua, auga de calidade para todos

A saúde pública depende do acceso universal aos recursos hídricos seguros.  Viaqua, comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas, integrou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na súa estratexia e plan de acción para lograr a erradicación da pobreza extrema e garantir o acceso universal á auga e ao saneamento de calidade.

A concesionaria é un referente polo seu compromiso de preservar a subministración a todos os fogares, mediante medidas sociais de protección ás familias vulnerables, ofrecendo un abanico de axudas (tarifas e bonificacións sociais, flexibilidade nos pagos, entre outras) a colectivos ou fogares en situación de pobreza ou exclusión social.

Ademais,  Viaqua impulsou varios proxectos en colaboración con entidades sociais para facer fronte aos efectos da pandemia. Entre outros, con Cruz Vermella Responde para atender a persoas en situación de vulnerabilidade debido á crise sanitaria.

Salvagardar a subministración de auga, garantindo a mesma calidade sanitaria habitual, foi a prioridade de  Viaqua tamén desde o inicio desta crise. Esta misión foi posible durante o confinamento grazas á vocación de servizo dos seus traballadores e traballadoras. Algúns, que foron chamados “gardiáns da auga”, confináronse en instalacións estratéxicas (plantas de potabilización) para asegurar o seu funcionamento. Instaláronse en autocaravanas de uso individual para minimizar o risco de contaxio, permitindo así que a poboación puidese seguir abrindo as billas dos seus fogares para, entre outras cousas, lavarse ben as mans. Unha vocación e unha práctica que salva vidas.

Os cinco pasos para facelo ben

Lavarse as mans é unha das mellores formas de protexerse e de protexer á nosa familia para evitar que se contaxien. Para iso hai que seguir estes sinxelos cinco pasos para garantir un correcto lavado de mans:

1.  Mollarse as mans con auga corrente limpa (morna ou fría), pechar a billa e enxaboarse as mans.

2.  Fregarse as mans co xabón ata que faga escuma. Fregarse a escuma polo dorso das mans, entre os dedos e debaixo das uñas.

3.  Refregarse as mans durante polo menos 20 segundos.

4.  Enxugarse ben as mans con auga corrente limpa.

5.  Secarllas cunha toalla limpa ou cun papel dun só uso.