Publicador de contidos

Entrega de premios Concurso fachadas de Nadal Ourense

Esta mañá entregáronse no Concello de Ourense os diplomas ás propostas gañadoras do Concurso de decoración de vivendas de Nadal. Foi un concurso promovido polo Concello de Ourense e organizado por  Viaqua, co obxectivo de incentivar a participación de vivendas particulares no ambiente festivo da cidade. 

O acto contou coa presenza do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e da xerente de  Viaqua, Ana  Tejeiro. 

En total, presentáronse 52 candidaturas para optar aos seguintes premios:

  • Primeiro premio, 1.500 euros: Rúa da Granxa, 82
  • Segundo premio, 500 euros: Paseo do Tintero, 4
  • Dous terceiros premios (ventás e/ou balcóns), 500 euros: Rúa Faustino Míguez, 3-6 B e Avenida de Buenos Aires, 23-3 G
  • Dous terceiros premios (vivendas unifamiliares), 500 euros: Rúa Julia Minguillón, 35 e Urbanización Pazo de Ramirás, 52