Publicador de contidos

Europa aposta por Cetaqua Galicia coa concesión de dous nuevos proxectos do programa marco Horizonte Europa

Cetaqua desenvolverá en Galicia dous novos proxectos europeos de máis de 8 millóns de euros sobre economía circular xunto a cerca de 30 empresas, universidades e centros tecnolóxicos de toda Europa

A ambición de Cetaqua Galicia por seguir medrando a nivel europeo e convertirse nun centro tecnolóxico de referencia en materia de medioambiente e auga non cesa.

Cetaqua Galicia conta cunha ampla traxectoria coordinando proxectos europeos dos programas LIFE e INTERREG, iniciada en 2015, e que se complementa dende 2020 coa consecución de proxectos altamente competitivos dentro do programa marco da UE Horizonte 2020, como os proxectos HOOP e WallNUT. Este 2022, o afán por seguir contribuíndo ao desenvolvemente sostible para acadar a neutralidade climática proposta no Pacto Verde Europeo segue dando os seus froitos coa consecución de dos novos proxectos enmarcados en Horizonte Europa, o novo Programa Marco de Investigación e Innovación da Unión Europea para 2021-2027.

Os dous novos proxectos de Cetaqua Galicia, un dos cales coordina, contribuirán ao desenvolvemento de novos modelos de economía circular que reduzan o impacto no medio acuático e terrestre, a través da xestión sostible e da valorización da auga residual e dos residuos orgánicos, entre eles os lodos da depuradora. En concreto, un destes proxectos ten como obxectivo fomentar o uso dos lodos de depuradora e outras biomasas, como os residuos pesqueiros, polas bioindustrias ao ser materias primas sostibles de base non fósil. O segundo proxecto pretende aportar un maior coñecemento sobre o impacto e a potencialidade dos biofertilizantes xerados a partir de biorresiduos cun alto contido en Nitróxeno e Fósforo, como os lodos da depuradora. Deste modo, poderase apoiar a Europa na súa transformación cara unha economía máis circular e que contribuirá a manter os fluxos de nutrintes dentro duns límites ecolóxicos seguros, evitando problemas de eutrofización, e a restauración dos ecosistemas.

A consecución destes proxectos europeos da continuidade ao modelo de colaboración público-privada promovida pola Xunta de Galicia: Unidades Mixtas, en concreto a Unidade Mixta CIGAT, iniciada en 2015, e a súa consolidación coa Unidade Mixta CIGAT-Biofactoría recientemente finalizadas pola Xunta de Galicia, Viaqua e Cetaque Galicia. Estas Unidades Mixtas permitiron situar a Galicia na vangarda da innovación tecnolóxica en economía circular no sector da auga a nivel internacional.

Novo programa marco da Unión Europe: Horizonte Europa

O obxectivo de Horizonte Europa é continuar fortalecendo o potencial científico e tecnolóxico que ten a Unión Europea a través de solución de I+D, que van dende a fase conceptual ata a introdución ao mercado, para poder facer fronte a unha transición ecolóxica e dixital a través de ámbitos como a sanidade, a seguridade, a contaminación cero e o cambio climático. Estes dous novos proxectos están enmarcados no Clúster 6 do programa Horizonte Europa que trata sobre a “Alimentación, bioeconomía, recursos naturais, agricultura e medioambiente”, dentro do programa de traballo “medioambiente limpo e residuo cero” para levar a cabo unha xestión sostible e circular dos recursos naturais e loitar contra a contaminación.

Cetaqua Galicia colaborará nestes proxectos con cerca de 30 empresas, universidades e centros tecnolóxicos de toda Europa, mobilizando máis de 8 millóns de euros financiados pola Unión Europe e posicionando como a rexión á cabeza da sostibilidade e o fomento da bioindustria.