Publicador de contidos

Gañadores do concurso “21 días transformando o mundo con La Voz de Galicia e Viaqua”

Finaliza a 7º edición do concurso organizado por Viaqua e La Voz de Galicia, este ano a temática proposta foi  “21 días transformando o mundo con La Voz de Galicia e Viaqua”, có que se pretendeu concienciar ao alumnado da importancia do desenvolvemento sostible, encamiñando as súas accións para acadar un impacto positivo no medio ambiente.

O obxectivo era presentar un dossier que recollera as accións planificadas e levadas a cabo durante 21 días polos estudantes, de maneira individual ou como clase, para coidar o seu entorno, transformar o mundo implantando novos hábitos de vida e contribuíndo a cumplir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU na Axenda 2030.

Preto de 500 alumnos e alumnas de centros educativos de toda Galicia participaron no concurso. Dos cales os premiados, que podían escoller entre un ordenador portátil ou un encerado electrónico, foron:

CATEGORÍA INFANTIL

1º PREMIO: 5ºC EP CEIP Sagrada Familia (A Coruña). Consulta o traballo premiado.

Mención especial: San Paio do CRA Amencer (Ribadavia-Ourense). Consulta o traballo premiado.

CATEGORÍA XUVENIL

1º ESO Colexio Plurilingüe Divina Pastora M.M. Franciscanas (Ourense). Consulta o traballo premiado.

CATEGORÍA EDUCACIÓN ESPECIAL

FP Básica Adaptada CEE López Navalón (Santiago). Consulta o traballo premiado.