Publicador de contidos

Gañadores do concurso “Galicia, Auga, Literatura e Rap”

Finaliza unha nova edición do concurso organizado por Viaqua e La Voz de Galicia “Galicia, auga, literatura e rap” no que o alumnado tiña que presentar un vídeo rapeando unha obra literaria galega vinculada á auga.

Presentáronse un total de 91 traballos procedentes de 34 colexios de toda Galicia. Dos cales os premiados foron:

CATEGORÍA INFANTIL

1º PREMIO: Sabela Fernández Fariña, Elena Moreno Poveda, Grettel Pazos  Celi e Olalla Sánchez Gómez, alumnas do CEIP Curros Enríquez de Ourense.

2º PREMIO: grupo de alumnos formado por Xoel Pintos, Vitoria Sotelo, Naila Abal, Fernando Rodríguez de CMUS Elemental e ESMU Municipais de Cambados.

CATEGORÍA XUVENIL

1º PREMIO: alumnos do CPR Plurilingüe María Inmaculada de Silleda, Pedro Rodríguez Velilla, Eloi López De la Fuente, Antía Rodríguez Rodríguez e Andrea Piedras Balboa.

2º PREMIO: grupo de alumnos do Colexio Escravas da Coruña, formado por Lucía Cabañó Piñeiro, Noah Rodríguez Otero, María Pena Martínez e Paloma López- Keller Fernández.

CATEGORÍA EDUCACIÓN ESPECIAL

1º PREMIO: alumnos do CEE Nosa Señora do Rosario da Coruña, Ana Isabel Pérez Pose, Duarte Basanta Cachafeiro, Lucía Piñeiro Vilar, Santiago  André Jerez Pinto e Ainara Saleta Varela.

MÁIS VOTADO EN RRSS

As alumnas Vanesa, Mª Vanesa, Ailén e Alicia do IES O Mosteirón de Sada.

Este ano, debido á situación sanitaria actual non se realizará un evento presencial para a entrega dos premios, senón que proximamente celebrarase unha acto en liña, no que recoñecer aos premiados e poder escoitar versos das obras presentadas polos gañadores do concurso.