Publicador de contidos

II Edición FP Dual Redes e Estacións de Tratamento de Augas

 

" "

A FP Dual é unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo. A FP dual integra os tres piares que sustentan o proceso de formación dun profesional: formación curricular (específica do ciclo formativo), traballo na empresa e formación complementaria (específica para os procesos produtivos da empresa), combinando a asistencia do alumnado no centro educativo coa súa formación e o seu traballo na empresa.

O ciclo de grado medio en “Redes e Estacións de Tratamento de Augas” trátase dunha oportunidade de formación profesional que, grazas á colaboración entre a Consellería de Educación e a iniciativa privada de Viaqua, amplia a posibilidade de acceso dos mozos e mozas ao mercado laboral, neste caso no sector da auga.

A formación impartirase no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela e contará cunha formación complementaria nas instalacións de Viaqua, permitindo coñecer o día a día dos diferentes centros de traballo. A segunda edición do FP Dual da Auga comezará en setembro e desenvolverase en dous cursos 2019-20 e 2020-21. Os primeiros trimestres de cada curso serán clases prácticas mentres que os segundos e terceiros trimestres desenvolverán prácticas en Viaqua.

Manterase aberto o prazo de inscrición ata completar as 15 prazas ofertadas. Os interesados e interesadas deberán realizar a matrícula no propio centro CIFP Politécnico de Santiago ou en calquera centro que oferte a modalidade de FP Dual. As prácticas realizaranse en distintos centros de Viaqua ubicados nas catro provincias galegas, nas que pasarán por diferentes traballos relacionados co ciclo urbano da auga: Estacións de Depuración de Auga Residual (EDAR), Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e traballos na rede.

Toda a información sobre a FP Dual aquí