Publicador de contidos

IX edición do Certame Literario “Relatos de auga intelixente”

Abroimos o prazo para recibir relatos curtos da novena edición do Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP, en municipios nos que prestamos o servizo de subministración de auga.

Esta nova edición ten como temática  “A seca e como o consumo responsable da auga pode contribuír a mellorar esta situación ambiental”. A nosa directora de comunicación, Sonia Delpont, destaca “a finalidade deste certame de sensibilizar ao alumnado, a través da literatura, sobre os problemas sociais, económicos e ambientais actuais.” Tamén recalca que “despois de oito anos con este certame e de chegar a máis de 3.000 alumnos e alumnas, este ano quixemos dar un paso máis aumentando o número de premios e contribuíndo a fomentar o comercio local”. 

Novidades da IX edición do Certame Literario:

  • Tres categorías: 1º e 2º ESO, 3º e 4º ESO e Bacharelato/FP. 
  • Máis premios: Viaqua entregará un total de 19 premios. 
  • Apoio ao comercio local: os premios consistirán en “Vales” por 150€ (1º premio), 75€ (2º premio) e 50€ (terceiro premio), para empregar no comercio local, tanto en produtos deportivos, de papelería ou libraría e/ou tecnolóxicos.

O centro educativo que presente un maior número de relatos recibirá un lote de libros relacionados coa temática auga e medio ambiente. 

O alumnado interesado en participar poderá enviar os seus relatos curtos, de máximo 200 palabras, ao correo certamenviaqua@gmail.com ata o 23 de decembro de 2022. Como nas últimas edicións, este certame quere potenciar a creatividade dos nenos e nenas propoñendo dúas modalidades de participación: relato curto clásico ou relato curto creativo, neste último poderán tirar de imaxinación enviando relatos curtos en formato poesía, cómic, fotografía e texto, entre outros, que non superen as 200 palabras. 

Consulta todos os requisitos e premios descargando as bases e o cartel.