Publicador de contidos

O persoal de Viaqua recolle voluntariamente alimentos para o Banco de Alimentos de Santiago

" "

Despois de colaborar na Gran Recollida de Alimentos organizada polo Banco de Alimentos de Galicia e Cruz Vermella en abril, en distintas cidades da comunidade, Viaqua acaba o ano entregando a FEGABAN, alimentos recolleitos polo voluntariado corporativo nas instalacións da empresa en Santiago durante o mes de decembro.

Julio Masid, Director de Viaqua fixo a entrega a José Pita, presidente deste banco, nas súas instalacións de Santiago. Os alimentos doados serán destinados a familias de Santiago que se atopan en situación desfavorecida.