Publicador de contidos

Día Mundial da Auga: A rexeneración da auga acelera o cambio

Nun contexto de emerxencia climática, é necesario acelerar o cambio do modelo lineal de extraer materias, fabricar produtos, consumilos e desfacerse deles, por un modelo circular que imite á natureza e no que pasemos de falar de residuos a falar de recursos. A innovación sostible e a dixitalización son as pancas que impulsarán este cambio de paradigma, permitindo dar unha segunda vida ás augas residuais.

Nos últimos anos, o cambio climático acentuou a seca e o aumento das temperaturas, xerando episodios de chuvias torrenciais e irregulares que dificultan a xestión dun recurso tan esencial como a auga. España é un dos países europeos máis afectados por este fenómeno e Galicia, terra dos mil ríos, sofre xa as consecuencias do cambio climático que se manifesta en diversos eventos extremos como inundacións e secas. Para abordar esta problemática, é necesario avanzar cara un modelo circular, onde a auga se reutilice constantemente, permitindo o seu uso sostible e evitando o seu desperdicio. Neste contexto de cambio, atópase traballando a empresa galega Viaqua que proporciona servizos de abastecemento de auga a 765.000 persoas en preto de 50 municipios de Galicia. En colaboración con universidades, empresas e administracións públicas, Viaqua impulsa un modelo circular que fomenta a sustentabilidade e eficiencia no uso da auga, a través da rexeneración das augas residuais para novos fins, como a rega de parques e xardíns ou baldeo e limpeza viaria.  Os seus máis de 50 anos de experiencia na comunidade galega e a súa aposta pola dixitalización e a innovación, fan de Viaqua unha referencia na xestión de recursos escasos como a auga.

O Día Mundial da Auga, que se celebra o 22 de marzo, pon este ano o foco na necesidade de acelerar o cambio para realizar unha xestión sostible dos recursos hídricos. Garantir que toda a poboación do planeta teña auga potable e acceso ao saneamento en 2030, tal como establece o sexto dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), é un reto ambicioso e prioritario. Nacións Unidas considera que, para alcanzar este obxectivo, hai que avanzar catro veces máis rápido do que estamos facendo actualmente.

A auga é un ben escaso, pero esencial para as cidades, a agricultura e a industria; e para as diferentes especies que viven na Terra. Ademais, o aumento da poboación e da demanda de alimentos provocará que a necesidade de recursos hídricos creza entre un 20 % e un 30 % de aquí a 2050.

Que podemos facer? A solución pasa pola rexeneración, un método que consiste en aplicar á auga das depuradoras un tratamento adicional que permite reutilizala con todas as garantías sanitarias e devolvela á natureza ou empregala para novos usos como a rega de zonas verdes ou a agricultura.

Viaqua aposta pola circularidade da auga como motor de cambio

No contexto presente de escaseza hídrica, Viaqua aposta de forma decidida pola rexeneración da auga, un proceso que leva a cabo pensando non só na auga, senón en todo o ciclo completo, para facer realidade a economía circular. Exemplo diso é a transformación que a empresa galega está a realizar da depuradora convencional en Biofactoría, onde se rexenera a auga residual, prodúcese enerxía para autoconsumo e transfórmanse os residuos en recursos. Ademais de conseguir a circularidade total da auga, a enerxía e os residuos, as biofactorías caracterízanse por integrarse na súa contorna natural a través de infraestruturas verdes, así como xerar un impacto social positivo a través do diálogo cos grupos de interese locais e as accións de educación ambiental.

Xefa de planta da Biofactoría de Ourense

A Biofactoría de Ourense, referente en economía circular, emprega unha parte da auga tratada para outros usos e valoriza o total dos residuos sólidos, operando sempre con elevados niveis de eficiencia enerxética. Por exemplo, rexenerouse para rega e baldeo 36.5 hm3 de auga, producido 1,1 GWh de enerxía verde mediante a coxeración e logrouse pechar o ciclo coa valorización do 100% dos lodos mediante o seu uso como fertilizantes agrícolas. 

Ademais, Viaqua continúa investindo en I+D+i no ámbito da economía circular a través de proxectos europeos de colaboración público-privada como o Centro Mixto CIGAT Circular, con Cetaqua Galicia e a Xunta de Galicia a través de GAIN, o proxecto H2020 Walnut ou o proxecto que acaba de presentar os seus resultados ECOVAL Sudoe, co obxectivo de desenvolver novas tecnoloxías que permitan acelerar o cambio estendendo este modelo circular.