Publicador de contidos

Persoal de Viaqua mostra o seu compromiso co Carballo de Conxo plantando 325 carballos en Santiago de Compostela

A iniciativa promovida polo Concello de Santiago, enmarcada na campaña de apoio ao Carballo de Conxo, contou coa participación de máis de 30 voluntarios e será o Bosque Viaqua

Na plantación participaron o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Mila Castro, o director de Viaqua, Marcos Martín e a xerente de Viaqua en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro

 

O persoal de Viaqua reafirma o seu compromiso coa cidade de Santiago, comprometéndose a plantar unha árbore por cada voto ao Carballo de Conxo, dos más de 500 traballadores e traballadoras que ten a empresa en Galicia.

Esta mañá, o persoal da Vila da Auga, moi implicado coas accións de voluntariado da empresa, participou activamente na plantación de 325 carballos e coa presenza de máis de 30 voluntarios das diferentes empresas que forman a Vila da Auga, que quixeron botar unha man neste inicio do Bosque Viaqua.

A plantación, que será coñecida como Bosque Viaqua, forma parte da campaña de apoio ao carballo de Conxo, que busca converterse na Árbore Europea do 2022 e na que a empresa participa activamente. No acto, estiveron presentes o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, a concelleira de Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns, Mila Castro, o director de Viaqua, Marcos Martín, e a xerente de Viaqua en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro.

Esta acción, reafirma o compromiso da empresa coa sostibilidade e o coidado do medio ambiente e únese a outros proxectos da empresa, como ‘Sementando Osíxeno’, que repobou unha zona deforestada no Concello de Muíños coa plantación de máis de 800 árbores, e que se engloba nos compromisos en desevolvemento sostible que Viaqua ten coa súa contorna para preservar e fomentar a biodiversidade e loitar contra o cambio climático.

A xerente de Viaqua en Santiago, Ana Tejeiro, “anima a todos os veciños e veciñas de Santiago de Compostela a participar e votar polo Carballo de Conxo”, e valorou positivamente que o Concello promova e involucre ás empresas en iniciativas como esta “que, en el caso de Viaqua, aúnan o noso compromiso coa cidade, co coidado do medio ambiente e súa descarbonización”.