Publicador de contidos

Proxectos de I+D+i impulsan a biofactoría de Ourense como referente europeo en economía circular

Os resultados obtidos na Unidade Mixta CIGAT Biofactoría impulsaron o desenvolvemento de novas solución de I+D+i na biofactoría de Ourense, a través dos novos proxectos ECOVAL e WalNUT

Máis dun cento de persoas asistiron ao evento “De depuradoras a biofactorías: o potencial da auga na economía circular”, para coñecer os avances ténicos e resultados dos dous proxectos europeos que se desenvolven en Ourense

A Estación Depuradora de Aguas Residuais (EDAR) de Ourense actualmente constitúe un referente en economía circular grazas á transformación que experimentou nos últimos anos ao converterse nunha biofactoría, é decir, un novo modelo de instalación baseado nos principios da economía circular, onde se rexenera a auga para a súa posterior reutilización, prodúcense enerxías renovables e tránsformanse os residuos en recursos. Deste xeito, maximizase o valor dos recursos impulsando un modelo enerxeticamente neutro e que contribúe ao residuo cero. O éxito dos resultados obtidos na Unidade Mixta CIGAT Biofactoría, froito da colaboración público-privada entre Viaqua, Cetaqua e a Axencia Galega de Innovación (GAIN), serveu de base ao desenvolvemento e implementación de novos proxectos de I+D+i, esta vez con foco en Europa, como o H2020 Walnut e o Interreg Sudoe ECOVAL.

Ambos proxectos, aliñados coa Axenda 2030, posicionan Galicia como referente a nivel europeo no que respecta á implementación de tecnoloxías innovadoras desenvolvidas para a xestión eficiente de correntes urbanas e o conseguinte aproveitamento dos residuos para un menor impacto medioambiental.

ECOVAL (Estratexias de Coordinación de xestión de valorización de lodos e residuos orgánicos na rexión SUDOE), liderado por Cetaqua Galicia, baséase na valorización de residuos orgánicos urbanos e lodos de depuración para a obtención de bio-produtos como son os Ácidos Graxos Volátiles (AGV), útiles para a industria do plástico, lubricantes ou pinturas, entre outros. Por outra banda, Walnut, liderado por CARTIF, procura a recuperación de nutrintes e a posterior produción de biofertilizantes, previndo así a contaminación das masas de auga e promovendo a circularidade na industria dos fertilizantes no marco da Unión Europea.

" "Durante o evento “De Depuradoras a biofactorías: o potencial da auga na economía circular”, celebrado esta mañá no auditorio de Ourense, representantes destacados da administración pública, universidades e empresas acudiron para debatir acerca das barreiras sociais, legais e de mercado existentes, para a valorización dos produtos de alto valor engadido presentes nas augas residuais, útiles para a industria e a agricultura.

O tenente de alcalde de Ourense, Armando Ojea, inaugurou o acto poñendo en valor “a importancia de desenvolver proxectos de investigación en Ourense que lle dean unha segunda oportunidade aos residuos da EDAR e nos permita ser unha cidade máis sostible”.

Os actores das entidades involucradas como grupo Agbar, Cetaqua e o Centro Tecnolóxico CARTIF, interviron para falar acerca dos modelos de economía circular implementados, a valorización de materia en ácidos graxos volátiles e de nutrintes aplicados nas industrias químicas, petroquímicas e de fertilizantes como un paso para chave impulsar modelos circulares e sostibles.

Durante a mesa redonda moderada polo Catedrático de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Manuel Lema, representantes da Deputación de Ourense, Cetaqua, Viaqua, Repsol, Fundación Patrimonio Natural de Castela e León (FPNCyL) e Fertiberia reuníronse para debatir acerca do potencial da auga dentro da economía circular.

Leticia Rodríguez, directora de Desenvolvemento Sostible de Viaqua, destacou  “que a chave será aproveitar oportunidades como os fondos Next Generation e incrementar a inversión en I+D+i, como xa levamos facendo dende hai máis de 10 anos en Viaqua a través do exemplo de éxito de colaboración público-privada Cetaqua Galicia”.

Juan José Vázque, xefe de Augas da Xunta de Galicia en Ourense, foi o encargado de despedir o evento agradecendo “o esforzo que se está realizando en Galicia para converter as depuradoras en biofactorías e posicionar a provincia de Ourense nun referente nacional e internacional en economía circular”.

A xornada finalizaba cunha visita guiada á biofactoría de Ourense, onde os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer, de primeira man as instalcións e tecnoloxías aplicadas para ambos proxectos.