Publicador de contidos

Restablécese o consumo de auga potable en Pontedeume

Comunicado do Concello de Pontedeume:

ATENCIÓN: DENDE ESTE MOMENTO QUEDA AUTORIZADO O CONSUMO DE AUGA POTABLE

Recibida esta mañá comunicación da Consellería de Sanidade onde se indica que á vista dos resultados das análises realizadas estes días e que confirmaban que a auga que estamos a tratar na pranta potabilizadora de Cabría cumpre con todos os parámetros establecidos no Real Decreto 140/2003 que regula a calidade das augas, "procede o peche da situación de incumprimento e o levantamento da restrición de consumo de auga da rede municipal de abastecemento", dende este momento AUTORÍZASE DE NOVO O CONSUMO DA AUGA DA REDE MUNICIPAL.

Prego compartades este estado para que chegue ao maior número de xente posible.

Máis información na canle oficial de Facebook do Alcalde de Pontedeume: https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=10224046618136365&id=1326439658