Publicador de contidos

Mantense a subministración alternativa mediante cisternas

Desde Viaqua continuamos colaborando co Concello de Betanzos e a autoridade sanitaria para normalizar a prestación do servizo de auga municipal. Mentres se manteñan as limitacións ao uso da auga, as cisternas situadas no Carregal, praza García Naveira e explanada de Bellavista continuarán ao dispor da cidadanía as 24 horas do día.
Tamén se manterá a repartición de garrafas de auga a persoas maiores de 75 anos que viven soas, persoas con problemas de mobilidade ou familias vulnerables que figuren como usuarias dos programas de servizos sociais. Lembramos que calquera outra persoa que cumpra estes requisitos e necesite subministración de auga envasada pode solicitalo contactando con Servizos Sociais no 981 770 707 en horario de mañá e no 606 309 925 en horario de tarde.

Aínda que segue sen estar claro a orixe do brote, en coordinación co Concello de Betanzos e a autoridade sanitaria, vanse poñer en marcha de forma inminente un conxunto de medidas preventivas dirixidas a seguir garantindo o perfecto estado da rede. 


[link comunicado Concello]


Lémbranse as recomendacións da autoridade sanitaria da Xunta de Galicia sobre o uso de auga:

  • A restrición do uso de auga potable (inxesta, preparación de alimentos ou hixiene bucodental).
  • A restrición do uso de auga procedente de calquera manancial ou fonte pública non conectada á rede municipal.